Diante de ti me presento, eu máis estas compañeiras
que che vimos traer rosas da última primaveira.
Díxome Pilar: Carmen, (traes) rosas para a Virgen?
-Si, teño aí un feixe grande que ten rosiñas sin tasa.
Heillas de entregar á Virgen cando me marche pr'a casa.
-Pois débesllas de entregar ahora aunque non queiras marchar
porque mentras tanto, van empezar a secar.
-Púxenas pa que non sequen, alí no fondo da braña
que aunque estean oito días, están fresquiñas coma nada.
-Vou levar tamén as miñas, á horta do señor cura,
e cando traia-las túas, vimo-las dúas á unha.
E así se foi a mañán, andando siempre apurada
eu como non estou afeita, por eso veño cansada.
-Cansada tamén eu vin, que pesaba moito a cesta,
pero pra o ano, se vivo, heinas de coller máis cerca!
-E donde as has de coller?
-Hei de facer un xardín á beira da miña casa,
cando teña rosiñas, heinas de coller sin tasa.
-Pois vámonos pa casa e empecemos a traballar!
-Non! Hoxe é festivo!
Traballaremos mañán!
Autor/a da transcrición: e~xenio