Peza recollida en Chamín, Arteixo (A Coruña)
Óscar Miranda (gaita): Traballa no concello de Arteixo, no departamento de Medio Ambiente, e é músico afeccionado, formado nas diferentes agrupacións musicais que proliferan en Arteixo. Gañou, entre outros, o Certame de Gaiteiros de Pontevedra en 2001, e por tres veces o Certame de Gaitas “Constatino Bellón”.
Víctor Iglesias (acordeón): Formado nas diferentes agrupacións musicais que proliferan en Arteixo, é profesor de piano e acordeón na Escola de Música Municipal de Arteixo.