Antonio Reigosa: E logo, que eso si que daría pa, pa unha noite enteira e que non nos vai dar tempo, Pura sendo moza, sendo rapaceta, de catorce anos, traballou e,e,e nas minas de,e,e wolfram(...)
Purificación García Borrazás: Nas minas. Nas minas d'Aghualada. Nas minas d'Aghualada.
Antonio Reigosa: E,e, bueno, á parte de que evidentemente era un traballo duro(...)
Purificación García Borrazás: Moi duro. Moi duro.
Antonio Reigosa: Moi duro e tal(...)
Purificación García Borrazás: Alí era moi duro.
Antonio Reigosa: Pero tamén facían algunha trampa porque pa sisar un pouco de wolfram...
Purificación García Borrazás: Pasabámolo como podiamos porque ás mulleres non nos cacheaban e aos homes, aos homes, si. E pasabamos, colliamos un bolo de pan ghrande, quitabámoslle o da dentro e metiamos de mineral e traiámolo na cabeza. E dunha ves pasábamos, e claro, [es]taban os ghuardias, e víñamos de broma porque non viñan de ghuardias, viñan de paisanos e viñan de broma cara nós e tocárono-lo pan, e o pan marchou polo monte abaixo e foi parar ao río.
((Risas))
Purificación García Borrazás: Pero quedou alí ((risas) Quedou alí. Nós non fomos a por el tampouco! Nin o deixaron eles, que o colleron!
Antonio Reigosa: Colleron?
Purificación García Borrazás: Aquel/ Aquelo collérono eles!
Antonio Reigosa: Quen roubaba máis, a Garda Civil?
Purificación García Borrazás: A Ghuarda Civil, a Ghuardia Civil!
((Risas))
Purificación García Borrazás: Non traballaba! Era a Ghuardia Civil!
((Risas))
Purificación García Borrazás: Era a Ghuardia Civil! Si. E namais.
Autor/a da transcrición: e~xenio