Antonio Reigosa: E tamén me contaba que,e,e,e e,e,e(...)como era aquelo de ir ao San Andrés, que,que,queda un pouco lonxe, claro?
Purificación García Borrazás: Si.
Antonio Reigosa: E cando eran nenos, ademais, ían andando?
Purificación García Borrazás: Si. Si.
Antonio Reigosa: Seguramente.
Purificación García Borrazás: Si. Si. Andando, pero bueno, cando s'iba(...)a ver, se parabas no camiño, había que,e,e coller unha pedriña cando botabas a andare(...)vamos todos ¿Non sabe? Ou, ou se vía(...)
Antonio Reigosa: É dicir(...)
Purificación García Borrazás: Si se(...)
Antonio Reigosa: Vamos todos.
Purificación García Borrazás: Vamos todos. Si se vía un bicho, non se podía matar, non se podía matar cousa ninghunha (anque) deixalos andar. E,e,e namais. Ir andando.
Antonio Reigosa: Era dicirlles, vamos todos porque os bichos tamén podían ser almas de(...)
Purificación García Borrazás: Porque os bichos podían ser almas que eso e por eso decían que non se podía matar.
Antonio Reigosa: Que iban ne,nesa figura ao San Andrés de Teixido.
Purificación García Borrazás: Si. Claro. Collíamos unha pedriña e levábamo-la pedriña hasta a ighlesia. Así.
Antonio Reigosa: E leva/ e deixábana alí?
Purificación García Borrazás: E deixámola alí.
Autor/a da transcrición: e~xenio