A miña nai é mariñeira!
Está enrolada na miña alma.
Ninguén sabe que traballa no mar.
Nin que está pendente da marea.
Nin que despunta cada día as albas.
Nin dos seus medos ó temporal.
A miña nai é mariñeira!
Colle os remos, solta as amarras,
Dá avante en canto está a soñar.
Navega connosco dende a terra.
Arría as redes nas madrugadas.
O salitre, engurroulle as mans.
A mina nai é mariñeira!
Sinte no vento os golpes na amurada;
A proa abatida que vai encapillar.
O rinchar dos cravos nas cadernas.
Palpita o corazón na súa atalaia.
Olla o océano para vernos chegar.
A miña nai é mariñeira!
Fala dos peixes, das marexadas.
Reza en silencio tralos cristais.
Envellece detrás da nosa estela.
Pranta rosas no medio das praias.
Vive, entre dúas vidas, miña nai.
Autor/a da transcrición: e~xenio