Recollida en Riamonte, concello de Cervantes (Lugo), polo colectivo María Castaña.
Pepa Yáñez e Branca Vilares
Desde cativas formáronse na música tradicional no Colectivo Cultural María Castaña, de Lugo. En 1996 fundan Liñaceira, un grupo de pandeireteiras que tivo unha ampla bagaxe até o ano 2003. Impartiron aulas en distintos lugares como Lugo, Santiago, Pontevedra, Boimorto ou Os Ancares. Na actualidade, ademais de formar parte de distintos grupos, veñen de crear un novo proxecto musical: Eudemónicas.