Eu vou dicir un refrán, un dito de Mondoñedo, pero é un contacontos que lles dicían os contos de nunca acabar que se contaban nas lareiras e nos fiandós e era é este pingulis pingulis está pingando e fungulis fungulis está fungando, se pinguilis pinguilis non pingara, fungulis fungulis non fungar. E preguntábanlle ao chaval: que é? Aquí sábeme alguien dicir que é? Pois ten varias contestaciós: pode ser un fungo, un peido de lobo e a pinga da folla dun castiñeiro que cae e cae nun fungato e ao caer a gota no tambor que é unha, unha esa, pois sóltanse as ésporas, as semillas que ten o fungo. Pero tamén pode ser...o que conta, o que pregunta dícelle: non é! Entonces dice un neno: é o gato e, e a pinga do chorizo, porque tamén cuando está / se poñen a secar os chorizos na lareira e tal, pois cuando empezan a pingar ao mellor atizóuselle un pouquiño de máis á lareira e está vai frío e ensudan os chorizos, ou os botelos ou o que se queira e caía unha gota e o gato iba a lambela. Entonces Pingulis pingulas que a pinga cae, e o fungulis funguli o gato vai a lamber a esa. Pero o señor que conta o ese tamén lle dice non é! Non é!
E entonces hai outro que lle dice que é...o outro xa non m'acordo ahora mismo, pero...é moito, é que non tiña preparado esto, pero vou dicir outro que iste si que é d'aquí, é un compañeiro que está por aí o señor: ten palabras que están desaparecendo i este si que é de Valdeorras, e en concreto é de Xagoaza, de Xagoaza i é Sombra de lateiro, fungo da muña ó abeiro, hai dúas palabras que non existen nos dicionarios e casi non aparecen en ningún sitio, que é, ora pregunto, que é un lateiro? Saben algunha persona de por aquí, porque téñeno que saber mellor, que é un lateiro? Pois se collen un dicionario de principios do siglo pasao, eh, lateiro é pino joven, un pino joven e muña, non sei aquí en Villamartín se lle chaman, en Valdeorras a muña é o pelo de pino. Aquí non sei como lle chaman, porque ten moitos...porque esto dos nombres, en cada sitio hai un sitio. E entonces neste dito hai dous nombres que están completamente olvidados, acórdanse nalgúns sitios que...os vellos si, que o...este como lle chaman...o lateiro é un pino joven e a muña é o pelo de pino e con esto na máis.
Mui buenas, volvo outra vez porque antes non dixen dúas cousas. Primeira, nos contos de nunca acabar o terceiro é a castaña e o porco, cando pingan as castañas do árbol e caen e o porco bravo vén fungar o pingulis pingulis as que están pingando e o jabali...o porco as vai a comer: pingulis pingulis están pingando fungulis fungulis están fungando. Ese é o terceiro dos, dos contos de nunca acabar. E o outro, dixen: sombra de lateiro fungo da muña do abeiro, dixen as dúas palabras...pero é o fungo da muña é o níscalo, que lle chaman níscalo ou lla chaman...científicamente é lactarius deliciosus e na máis.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro