Galicia, xardín de flores
como dixo un emigrado
que a paseou (da feito)
no vrau do ano pasado
Era inglés, moi ben parcido
alto, forte e moi robusto
e díxome da nosa terra
cousas que me deron gusto
Díxome: a vosa terra
se hai alguién que di mal dela
é porque non a conoce
porque nunca veu a ela
pois hai casas escondidas
no medio dos arboriños
como está Nosa Señora
no medio dos anxeliños
Esa faliña galega,
tan doce, tan cariñosa,
amita cada palabra
a folliña dunha rosa
Eses prados, esas veigas,
mares, lagos e montañas,
montes cubertos de pinos,
castiñeiros con castañas
Risoños campos froridos
cheos de herbiñas e flores
son envidia d'estranxeiros
Galicia dos meus amores!
Loureiros verdes nas hortas
arbres cubertos de flores
donde alegres cantan sempre
xilgueiros e ruiseñores
Donde hai froitas de mil crases
de sabores verdadeiros
que pagan más que ningunhas
nos mercados estranxeiros
Ceo azul d'estrelas cheo
e ventos moi suaviños,
fontes d'auga pura e clara
ríos que corren mansiños
Noitiñas de luar claro
mañás con frescos orballos
días de sol (incomprensíbel)
sombras frescas dos carballos
Galicia ten praias (vellas)
ten poetas, ten cantores,
e nenas tan bonitiñas
que encantan cos seus amores
Suíza non é pra igualala
digo certo i atrevido
que non hai pruma qu'enumere
tanto encantiño reunido
Galicia, xardín aberto
(aseguro de sin ollos)
que te fixo Dios adrede
pra recreo dos seus ollos
Díxenlle eu: razón che sobra,
mellor non podes falar
pro fáltalle a Santaballa
a charca do (incomprensíbel)!
Autor/a da transcrición: e~xenio
Poema da autoría de Caetano Arias López (1881-1952), tío da recitadora. Axúdalle a refrescar a memoria o seu fillo, J. Manuel Bermúdez Arias.