Xacobe do Armadoiro
e mais Pepa da (Anellada)
foron vender un conexo
á feira que houbo en Lousada
Xacobe foi vender ovos
e Pepa quedou co cesto
e vén pra comprarlle o bicho
Farruco do Corcoesto
Canto quer polo cabrito?
No é cabrito que é conexo
Non llo conoce nos ollos?
Eu os ollos non llos vexo
Pois mire aquí ten un na testa
e outro teno deste lado
e se quere verlle o máis guapo
ten que levantarlle o rabo
Farruco pilla o conexo
coas pernas carpeando
e deixouno cego dun ollo
e do outro quedou chorando
Farruco tirou con forza
o conexo contra a xente
berrou: aparten que (é o demo)
este bicho vai doente!
E foille batir a unha vella
que estaba no chao sentada
parteulle un cesto de ovos
e mais (tirouna deitada)
Enriba dun croio grande
que a vella tiña ao lado
e deu en berrar a vella:
quen foi ese desgraciado?
E nesto chégase Pepe
buscando no conexiño
deulle a vella un couce grande
e espateloulle o fuciño
I as mulleres do meu conto
van pra a casa sin parar
Xacobe fixo unhas papas
(con boas ganas) de cenar
Xa hai no pote un rato (lirio)
acabando de ferver
Xacobe non veu tal rato
e as papas foinas comer
Dous cazolos que tiña
que trouxera de Momán
que levaban sete cuncas
das máis grandes que se fan
E seique lles botache grasa,
dixo Pepa da Anellada
a min moito me souperon
e encontrei unha tallada
Autor/a da transcrición: e~xenio
Poema da autoría de Caetano Arias López (1881-1952), tío da recitadora. Axúdalle a refrescar a memoria o seu fillo, J. Manuel Bermúdez Arias.