Farruco da Casa Vella
á vila foi agitado,
consultar cun avogado
como había de facer
pra darlle castigo ás moscas
que andaban moi enfadadas
sempre encima del (incomprensíbel)
que o querían comer
Dixo: señor avogado,
eu agora non son neno
e por pito de sereno
quérenme as moscas tomar
dígame se a lei m'axuda
e todo o dereito que teño
e adrede sabelo veño
si as poido demandar
son bichos tan sinvergonza
que hastra se van á cazola
e inda é o que máis me amola
e por eso xa non sei
Fanme (acarreira-las) vacas,
fanme (desperta-los) nenos
e quéroas facer de menos
como teña algunha lei
Nesto dixo o avogado:
(incomprensíbel) a calma
tes a lei en corpo e alma
e pódelas demandar,
pero heiche dar un consello,
que me parece acertado,
e sales millor parado
como o sepas praticar
De consellos non entendo!
Mira, non señas rallante,
agora d'aquí pra diante
traes un fungueiro na mau
Donde vexas unha mosca,
acarreirando ou pousada
arréalles sin máis nada
nas costelas un bon pau
Mire, señor avogado,
eu, pra consellos, non veño
e anque gaste canto teño
o preito quéroo ganar
Que vaian (roer) ao demo
ou que vaian facer guerra
ou eu hei (incomprensíbel) na terra
ou elas han d'acabar
Farruco, non señas tonto,
obedece o meu consello,
sendo formales (incomprensíbel)
(non te me vas a gastar)
Porque na aldea decides,
mal da xusticia e sin tasa
(en xuros) da vosa casa
naide vos vai buscar
Ten razón, dixo Farruco,
e empuñando o seu caiado
e na cabeza do avogado
unha mosca se apousou
Farruco pegoulle á présa
un palazo (con tal ton)
que pensando qu'era un trono
todo o pobo se asustou!
Autor/a da transcrición: e~xenio
Poema da autoría de Caetano Arias López (1881-1952), tío da recitadora. Axúdalle a refrescar a memoria o seu fillo, J. Manuel Bermúdez Arias.