(...) Pero daban mal de comer (...) E foron (...) coser a unha casa i o, o xastre era un pillabán e díxolle ao criado:
-Mira, aquí acostumbran a dar de desaúno unha, unha taza de leite. E dan, dan unha pa beber e outra pa entrillar.
Dice:
-Eu,u,u hei d'entrillar a primeira porque eu non quero máis ca unha, pero tu ben bebe-las dúas. A primeira bébela e despois xa che traen a outra pa entrillar.
E bueno, efectivamente, cando veu a hora dos desaúno, veu a, a ama con, con dúas tazas de leite e pan. E entonces o xastre empezou a entrillalo e vaise o criado e bebeuna (axina) pa, pa que lle trouxese a outra, claro. I o, o xastre entrillouna ben e comeu e, en canto acabou (...) a, a ama [es]tuvo alí en conversación. En canto acabou recolleu o pan e colleu todo e non veu ca outra taza de leite. E díxolle:
-(Incomprensíbel) non se acordou de traer (incomprensíbel) traíame unha pa, pa beber e outra pa entrillar e non, non se acordou.
E díxolle o criado:
-Si. Xa mas pagará. Traíame unha, unha pa entrillar, si, e outra pa beber, e agora eu sin comer hasta a mediodía!
((Risas))
E despois (...) Daquela,a,a (...) Pa planchar, andaban con planchas desas de carbón. Entonces o carbón non andaban con el, iban cargar ás cociñas, eran cociñas desas de lareira e sempre iban os criados. O,o,o outro quedaba traballando.
E foi o criado e [es]taba o,o,o home na, na, na cociña e díxolle:
-Voulle a decir unha cousa pero non, non, non lla diga ao meu amo. Meu amo vaille destroza-lo traxe. É un traxe moi bon i é lástima, e vaillo destrozar.
-E logo? Como (...) Por que mo vai destrozar?
-Mire, [es]talle cortando nel. E [es]talle, e cada tixeirada ((Acenos coa cabeza) (...) Cada tixeirada (...) E cando empeza a facer así, destroza todo. Destroza todo (...) Vaille destrozar (...)
-(Incomprensíbel)
-Ai si, (faílleme) bon caso a min, i a usté tampouco. Hai qu'ir poñerse ao lado del, pegarlle unha hostia nun lado da cara i outro noutro e despois xa llo fai ben. Pero se non, destrózallo, se [es]tá facendo así. Se non, se, se, se lle pasou, non. Pero xa, xa lle quedaba facendo e,esas muecas.
Bueno, e o amo (foi) atrás do criado e [es]taba cortando o traxe e cada tixeirada ((Acenos coa cabeza)) e,e,e (puxo a pé del) e pegoulle unha nun lado e outra noutro.
(E dixo:)
-E usté [es]tá tolo!
E díxolle o criado:
-Ai, meu amo, aí si que lle vai unha entrillada e outra sin entrillar!
Autor/a da transcrición: e~xenio