Pois era un cura e tiña unhas ovellas i un rapaz pa coidalas. Aí, a pastalas e,e,e pa eso. Entonces o rapaz iba cas ovellas e foi cuando San Pedro e San Pablo andaban polo mundo. Andaban dando (incomprensíbel) á xente e andaban (...) esa cousa.
Entonces chegaron por alí e dixéronlle ao rapaz si lles daba un cordeiro pa, p'asalo, pa, pa comelo. Díxolles que si.
-Collan logo un, o que queiran.
E,e,e colleron o cordeiro e preparárono (...) Entonces, dixéronlle ao rapaz:
-Pídenos tres cousas, o que queiras, que ch'hamos concedelas.
Entonces San Pedro, [es]taba por detrás de San Pablo indicándolle que pedise o ceo.
Díxolle o rapaz:
-Cala, burro, cala que eu ben sei o qu'hei pedir!
E pediu unha gaita que todos cantos oiran tocala que tuveran que bailar. E pediu unha, unha escopeta (...) todos cantos (gatillazos) dera que tirara tiros, sen cargala nin nada. E unha mochila, un fardelo, cando (non) lle apuntase á peza, que dixera: A mi mochila! E viña p'alí a, a, a lebre tamén.
E bueno, concedéronlle eso todo e despois, o rapaz iba cas ovellas e empezaba a toca-la gaita e as ovellas a bailar e non pacían. Entonces,s,s as ovellas baixaban, claro, non, non pacían i o cura vía que o ganao baixado, o ganado iba amenos e díxolle á, á, á criada:
-E tu pa onde manda-lo rapaz a pastar?
-E mándoo pa tal sitio como (...) foi sempre p'alí.
E dice:
-E que o ganado baixa moito. O ganado [es]tá mui flaco, ou, ou [es]tá enfermo ou, ou o rapaz non vai p'alí.
-E pois, eu mándoo p'alí, non sei se vai se non.
Dice:
-Pois,s,s mañán mándalo p'alí que hei ir eu diante e esconderme por alí a ver se, se é verdá que vai p'alí porque o gana/ ou é que [es]tá enfermo ou non, non apasta.
Foi o cura, diante, e foi e escondeuse alí, meteuse nun silveiro pa que non o vise e entonces, cando foi hora, foi o rapaz p'alí cas ovellas e decía o cura:
-Pois, o rapaz vén coas ovellas é, é, e que [es]tán malas.
E chegou, o rapaz levaba un bocadillo, sentouse, púxose a come-lo bocadillo e as ovellas a pacer (...) E decía o cura:
-Pois, o rapaz apasta ben. É que as ovellas [es]tán malas ¡Eh!
Pero, acabou o bocadillo e empeza a toca-la gaita, empezan as ovellas a bailar i o cura a bailar no silveiro, rabuñouse todo, rompeu a roupa toda, hasta que parou de toca-la gaita (...) O cura alí bailando tamén. E despois veu pa casa, todo esmbandallado e díxolle a criada:
-E, e tu agarrácheste con alguén! (Incomprensíbel)
-Cala a boca que [es]tamos perdidos! Mira, tenche unha gaita (...) Empezou a toca-la gaita, as ovellas a bailar i eu a bailar no silveiro (...) Rabuñeime todo e [es]tou sangrando!
Dice:
-Ai! O rapaz hai que vigilalo, hai que/ (Incomprensíbel) como vamos facer?
-Mira, dícelle que temos unha visita e que teñen que durmir aquí e se che deixa a cama pa eles. E faille a cama nesa hucha grande e despois cando [es]tea durmindo, cerramo-la hucha e facémoslle unhos furados por riba e con auga fervendo, escaldámolo aí dentro.
Pero o rapaz, [es]taría por alí, non, non, non se darían cuenta, o rapaz oíu a conversación, e díxolle ela si, si, si lle deixaba a cama (Incomprensíbel) que tiñan alí unhos amigos e (...) E el que si! Dice:
-Fágocha logo (...) Fágocha nesa hucha grande, aí dormes ben (...) E o outro aceptou. E, entonces fízolle a cama alí, e xa tiñan preparao pa, pa (...) Xa tiñan a caldeira preparada tamén (...) E, o, o rapaz dixo logo que se iba deitar. Foise deitar pero,o,o meteu a gaita na hucha. E despois, os outros (claro) quentaron a caldeira d'auga e foron e cerraron a hucha, o rapaz [es]taba durmindo e fizéronlle os furados e iba (...) Polo furado da pechadura, anque [es]taba cerrada, vía, víaos ir (...) E viña a criada por un lado e o cura polo outro cunha caldeira d'auga fervendo, e empezou el a toca-la gaita, e os outros a bailar ca auga, e escaldáronse todos e, e decía a criada:
Ay señor cura mándale parar
(y) que mándale tú
que no tengo vagar!
((Risas))
E escaldáronse todos! E despois, claro, d'escaldados, o, o, o rapaz saliu e tuvo, tuvo que marchar, claro, pero levou os instrumentos que tiña. E, e eles quedaron alí, escaldados. E despois o rapaz, co tempo, tamén enfermou e entonces pediulles que, que cando (...) desque morrera, que lle botaran o,o,o (...) a escopeta e mai/ e mais o, o fardelo. E botáronlle a escopeta e o fardelo. E despois, desque morreu (...) Desque se morre vaise pa o ceo, cuando (...) Non sabes? ((Risas)) E foi pa o ceo e [es]taba, [es]taba San Pedro, á porta e díxolle:
-E tu, non t'acordas que [es]tabas cas ovellas, que che mandaba eu pedir o ceo (...) chamábasme burro que habías (...) sabías o que habías pedir. E, pois agora, non pediches o ceo, agora viñas pa o ceo, agora non podes entrar.
E dice:
-Pois p'algún sitio me terás que mandar.
-Pa o inferno!
-E pois alí inda haberá máis.
E mandouno pa o inferno. E chegou, e, e saliron os demos cos tizós e, e colle el a escopeta e ¡pum, pum, pum! (Incomprensíbel) mochila, e iban os demos todos pa súa mochila, e sale o, o, o jefe e dice:
-Quieto, quieto! E aquí con eses instrumentos no queremos.
-Ai, entonces bueno, pero esta non é maneira de recibir a un!
((Risas))
E volta pa onda San Pedro outra vez.
-E no inferno, non me queren!
E di San Pedro:
-Pois, pra onda os pícaros tampouco o podemos mandar!
((Risas))
E tuvo que meterse alí. E aínda [es]tará aí.
Autor/a da transcrición: e~xenio