Vamos nena!
Como che foi Manuel
coa túa Manuela?
Como che foi Manuel
coa túa Manuela?
Ela bonita que fea
pasei a nuite con ela.
Ela bonita que fea
pasei a nuite con ela.
Sete cuncas de papas de millo
unha vella comeu
rebentoulle o cordón do xustillo
de tanto que encheu
e despois de comer outras sete
tamén recuncou
Fixo como un cohete no aire
errún catapún estoupou.
Agora xa non se leva
pedirlle as fillas ós pais.
Agora xa non se leva
pedirlle as fillas ós pais.
Entra pola porta dentro
meu sogro que tal lle vai?
Entra pola porta dentro
meu sogro que tal lle vai?
Sete cuncas de papas de millo
unha vella comeu
rebentoulle o cordón do xustillo
de tanto que encheu
e despois de comer outras sete
tamén recuncou
Fixo como un cohete no aire
errún catapún estoupou.
Poh!
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro