Ángel Rivas Veiga: Anduven algo,o,o facendo zocas.
Antonio Reigosa: Foi zoqueiro.
A. R. V.: Iba por alí un zoqueiro e,e,e empecei alí con el, e anduven algo facendo zocas. E salín algo por aquí a facer zocas pero non, non, non me gustaba, non me gustaba o, o, o oficio non me gustaba.
A. R.: E por que non lle gustaba?
A. R. V.: Porque,e,e era un oficio de, de, de tarea ¿non sabes? (Eu) facer catro pares de zocas, había quen facía tres e quen facía catro. Entonces, é u,u,unha cousa que andas nos pés ¿no? Entonces se manca, a culpa lévaa o zoqueiro ((Risas)) E, e claro, non, non me gustou o oficio. E despois metinme a andar nas carreteras. Pa aí, pa a construción das carreteras (...) Eso gustábame. Eso gustábame moito, andar así nas carreteras.
A. R.: Estivo moitos anos nas obras das carreteras?
A. R. V.: [Es]tuven aínda ben anos. E [es]tuven, [es]tuven con varios, tamén. [Es]tuven con unhos (incomprensíbel), [es]tuven con unhos de León e [es]tuven por aí. Ao primeiro, claro, neses oficios empézase (...) como non se sabe, andar cun carretillo e esa cousa. Pero eu quiteime deso enseguida. Empecei por alí a facer rasantes e eso (...) Porque eso pa, pa aprendelos hai que traballar, querendo aprendelo, hai que traballar (co da obra) porque nas obras [es]tán os ténicos e non (...) pero (incomprensíbel) sempre queda un pa rematar cousas ou eso, e se hai un que lle queira ir axudar pois,s,s eso. Eu fun (...)
A. R.: Espe/ especializouse.
A. R. V: Aí está. Despois andaba ben, ne,ne,nesas carreteras.
A. R.: E tamén foi un tempiño (...) Traballou nunha panadería tamén.
A. R. V.: E depois, [es]tuven nunha panadería, si. [Es]tuvéramos na Pontenova facendo aquelas calles da ponte e despois parou alí o, o, o contratista aquel e, e marchou cos que tiña el, e os que [es]tábamos (incomprensíbel) por alí (...) que eso, pois claro, non, non, non fomos con el. Entonces metinme na panadería.
A. R.: Pero non lle gustaba.
A. R. V.: A panadería non me gustaba polas horas que había que botar. E, e, e, e (...) Pagaban un xornal como (o que) pagaban por alí e botabas o doble de horas. Entonces (...) El [es]tuvo sempre buscando xente, e aínda a ten, aínda [es]tá, sempre [es]tá cambiando a xente. Sempre que (...) É, é do que lle collo o pan aquí.
A. R.: E alí, nesa casa, nesa familia foi onde,e,e,e case profesionalmente, experimentou o de contar (...) o que lle deran de oficio contar en vez de traballar na panadería.
A. R. V.: (Ai, si!)
A. R.: Aínda que foran poucos días, poucas horas (Incomprensíbel)
A. R. V.: Tiña un, tiña un chaval, un,n,n (...) e enfermou, eso. I eu, cando o chaval [es]taba (...) O chaval andaba no colegio pero cando viña, pois, bueno (...) viña que lle contase un conto e,e,e (...) pero despois enfermou e, e pedíalles que me mandasen p'alí a contarlle contos. E, como [es]taba enfermo e eso, cando (...) Traballaba tamén na panadería pero cando tiña tempo ¡(Ala), conta-lo conto! E [es]taba ha,ha,hasta que me chamaban.
((Risas))
A. R.: E ese rapaz, supoño que anda por aí, ahora (...)
A. R. V.: É o que ten a panadería ahora.
A. R.: É o dono ahora.
A. R. V.: É o dono da panadería. Vive o pai tamén.
A. R.: E quedaríalle na cabeza algún conto?
A. R. V.: No, era, era novo. Era (...) No.
A. R.: No.
A. R. V.: E ademais que non, non lle contaba contos destes grandes. Chistes, máis ben e esa, esa cousa.
Autor/a da transcrición: e~xenio