Ángel Rivas Veiga: Nacín en Eirexúa, día, día de Santos. Inda hai pouco que fixen os cumpleanos.
Antonio Reigosa: Efectivamente que ten/ teno fresco.
Ángel Rivas Veiga: Entonces, daquela, labrábanse os caseríos. Fomos seis irmaus e mentres [es]tuvemos no (...) traballando no caserío co/ cos padres e esa cousa. Logo, un irmau meu, o máis vello, aprendeu a canteiro, logo anduvo por alí (...) canteiro e eso. Eu [es]tuven na casa máis tempo (...) Viña algo á casa (...) E entonces, traballábamos alí no, no caserío. Logo pasou a guerra, meu irmau non foi á guerra pero colleuno algo (...) foi cando se acabou a guerra e [es]tuvo no servicio e eu [es]tuven na casa e eso. E despois, el veu i anduvo (...) de canteiro e eu [es]tuven na casa, traballando, como el tiña oficio e eu non o tiña e tal. Pero,o,o,o o tempo vai pasando e (...) e logo qu'eu [es]taba na casa e e,e,el andaba ganando os cartos e gardábaos e eu traballaba na casa e os cartos que facía, collíaos meu pai (...) Entonces eu,u,u non, non facía nada. Entonces ordenei d'ir a Castilla (...) Por alí iban moitos a Castilla. Ordenei d'ir a Castilla pero como nunca fora e, non tiña quen me levase porque non sabían si alí podía defenderme, aquí segaba pero alí era outra cousa. Bueno, ao fin que tratei por alí cun (d'alí) de cerca que había e dice (...)
-Bueno, eu se non, se non sego como os outros, non o fago como os outros, pois rebáixasme o,o o sueldo, (o) que sea pero quero que me leves a Castilla.
E, e logo fun. Fun a segar, que sempre iban á tarde, ao primeiro iban á tarde p'alí. Fun a segar e bueno, os primeiros días non me foi moi ben pero (...) despois fun como (incomprensíbel) como os outros. E despois volvín outro ano con el, pero el era un destes que tamén fora pouco a Castilla e tiña alí pouco ambiente e que (...) bueno, non se traían moitos cartos, había outros que traían máis e entonces cambiei pa, pa os outros e fun cos outros, cunhos d'alí de Xudán. E fun alí dous ou tres anos e despois había un aquí de, de (...) que lle chaman (incomprensíbel) aquí de Santa Comba, que iba a,a,aló a casa do, dun, dun coronel, coronel da artillería de Segovia, alí botaban moito tempo pero a min o tempo non me importaba botar máis nin menos, eu quería traer máis cartos.
E fun con el, e despois el parou d'ir e entonces que (...) iba quedando sempre outra (máis rara). Logo da cuadrilla que íbamos, seguía a cuadrilla igual e o que iba traballar e,era o que quedaba logo despois de, de máis (rara). E fui indo así ha,hasta que foron (parando) e fun quedando eu de maioral e pois (...) Fun vint'anos.
Antonio Reigosa: Vinte anos de, de, de maioral?
Ángel Rivas Veiga: No, de, de todo.
Antonio Reigosa: Ah, de todo en total!
Ángel Rivas Veiga: De, de todo en total.
E despois fun hasta que mo,mo,morreu o, o coronel. E despois inda seguín indo un ano ou dous, alí, a aquela casa pero despois, claro, empezaron a vir as máquinas...e cando empezaron a vir as máquinas inda había o coronel e el díxomo,o,o unha vez que, que fun (...) Sempre cuando chegaba tiña qu'ir onda el pa (...) alí había que trata-la, o xornal e a, a comida e a, a todo. Dice:
-De comer, se, se trata mal, hai que (...) dáse máis.
Eu sempre lle pedía máis bebida porque naquel tempo, neses días tan grandes e (...) Non, non, da bebida non quería dar máis. No, no (incomprensíbel) a bebida é bastante. Dábanos medio litro pa cada un pa cada comida. Pero nós queríamos pa despois ((Risas)) E entonces dixo:
-Pero mira, vouche decir, tes qu'ir botando noutro, noutra cousa porque esto de segar a mau vaise acabar.
E daquela as máquinas facíano moi mal (...) deixaban (máis) mitá da terra (...) Dice (...)
-Pero as máquinas fanno mui mal.
-Xa o farán ben. Donde entran as máquinas hai que quitalo de mau. (Xa llo quitarán)
E ben. E, e, e díxenlle eu:
-No,o,o (...) A xente (...)
Dixo:
-O p[r]oblema ha ser en que emplea-la xente.
E dice (...)
-A xente sin traballar, tendo que comer, amáñase ben. Díxenlle eu.
Dixo:
-Non amaña, no. A xente ten que [es]tar empleada, se non, non [es]tá quieta. Invírtese nalgo e, e mais en facer daño.
((Risas))
Bueno nesas, ne,ne,nesas cousas.
Autor/a da transcrición: e~xenio