Maruxa "A Maceira": Había un, alí, unhos/ Eran da miña familia e eran uns veciños e iban a unha casa más abaixo e levaban/ Era un velliño e mais el levaba unha rapaciña nova. E sucede que, xuntáronse a (ghandallada) de mozos e dixeron: -Vámoslle poñer medo a fulano, que trae a fulana e vámoslle poñer medo! E que fixeron? Tapáronse cunha sábena e unha vela debaixo e/ si/ e unha campanilla/ ¡Tilín, tilín, tilín! coma quen que era a Santa Compaña ¡Tilín, tilín, tilín! -Ai, fulana, corre! Non digho os nombres porque se acaso hai xente que o conoce ((Risas do público)) Claro! E, e daquela, dicíalle: -Ai fulana, fulaniño, ai que medo, ai Dios mío! Dicíalle ao velliño pero a nova xa estaba cómplice cos outros. E/ o vello levaba á outra ao cabaliño ((Risas)) E corre fulano e corre, ai dios mío que vén, vén a Santa Compaña! E eles, tira polos montes arriba cara a/ ¡Tilín, tilín, tilín, tilín! Debían ser catro ou cinco porque/
Maruxa "A Chevarría": Un era o teu irmán (maior).
Maruxa "A Maceira": Era. ((Ri))
Autor/a da transcrición: e~xenio