Porque lle contaba miña avoa, dice que, que o lobo que lle tiña medo ao lume ¿Eh? (Incomprensíbel) E iba unha costureira, iban coser polas casas, levaban a máquina envolta nun trapo, vale. E, a xente aproveitaba o día moito. E estaban cosendo hasta, hasta que lles poñían alí un candil con gas pa que miraran/ Pa aproveitar, pa ganar o peseta. Resulta que colleu a/ A costureira colleuna a noite e encóntrase co lobo. Era unha moza nova e o lobo/ Dice: "E o lobo era hechicero" -dicía miña avoa. "Hechizaba". E ao mellor perdonádeme porque non sei falar ben. E resulta que díronlle unha presa de pallas, (un pachuzo) de pallas que se estilaba moito o asunto. E a costureira/ O lobo encontrouse ca, ca, ca costureira e ela tiña as pallas e pousou as pallas no suelo. As pallas como eran pallas secas ardían e dicía: "O lobo, mentres que ardían as pallas, non, non, non iba comer á costureira".
Pero claro, despois de, de repente, como faltaba da casa/ Dice: "Tarda moito fulanita". E fórona, fórona buscar e estaba (incomprensíbel) Dicía miña abuela: "Ai, no ofenda al Señor. Estaban acabándose as últimas pallas, xa a iba comer!".
E salvárona os da casa, os padres, non sei quen da/ Cousas destas así.
Autor/a da transcrición: e~xenio