Antes de, de comenzar cos maios que é unha tradición secular de Pontedeume, quero primeiro facer alusión a unha,a,a,a a unha canción que se canta por aquí.
Este canto non pertenece a ningunha época do ano, foi artellado a raíz dun suceso acontecido na praza da Calzada. No tempo da andaina á percura de músicas e letras populares, atopamos unhas letras, unhas letras populares que moi ben poideran ser as orixinantes desta que hoxe se conserva na vila. As letras estas/ a primeira, casualmente, está recollida, tamén, no Alto de Soaserra e, polo Museo Etnográfico da Capela, fixeron unha recolleita, unha recompilación de letras espalladas pola zona da Capela e entre todas esas coplas, esas letras, figura esta que vai ter/ eu coido que ten moita relación coa que estou a falar d'aquí de Pontedeume, e di así:
No alto de Soaserra, morreu unha besta,
en Vilarón, comérona fresca
e os das Neves mandaron recado
que lles gardaran a croca do rabo
Xa a maior parte da xente, eu coido, que xa está pensando no que vou a decir, pero bueno. Hai outra letra no Libro do porco. O libro do porco é un libro dedicado ao porco que era dunha colección que existiu, que estaba, estaba, estaba argallada, estaba subvencionada por Xosé María Álvarez Blázquez e na colección O Moucho. E di a letra que vén no Libro do porco:
Os d'alá enriba mataron un porco
i os d'alá embaixo coméronllo todo
e os d'aló en medio puxeron bandeira
para que lles deran a tripa cagueira
A letra que cantamos aquí en Pontedeume pois é:
Os da Calzada mataron un burro
por non cocelo, por non cocelo
por non cocelo, comérono crudo
Os da Ribeira mandaron recado
que ñes gardaran, que ñes gardaran
a punta do rabo
O ñes, recalco, o ñes está recollido así. Por aquí, pola zona de Pontedeume, Pontedeume-Ares, se lle cambia o, o, o /ll/ o lle polo /ñ/. É unha peculiaridade da comarca, e non é d'agora. Hai uns cancioneiros de Pérez Ballesteros, que foi un mestre que se dedicou a recorrer casi toda a provincia da Coruña recollendo coplas de 1886. E, naquela época, xa recollía a peculiaridade dalgunhas letras que decía: "Recollido na bisbarra de Pontedeume. É peculiar o cambio do, do lle polo ñe. E na zona de Ferrol, ás veces, estamos falando os de Pontedeume e din: Ti eres de Pontedeume? Pois estás decindo o ñe. Pegouñe, douñe e o ñe é corrente. E a letra, a letra e a música pois é, é esto:
Os da Calzada mataron un burro
os da Calzada mataron un burro
por non cocelo, por non cocelo
por non cocelo, comérono crudo
I os da Ribeira mandaron recado
i os da Ribeira mandaron recado
que ñes gardaran, que ñes gardaran
que ñes gardaran a punta do rabo
Esto é o referente a este canto que quería facer antes de, de falar dos maios.
Autor/a da transcrición: e~xenio