As intervenciós miñas pretendo que sexan cortiñas pero a música ten, ten moitas notas. Entonces, vouna, vouna simplificar e, por exemplo, a primeira intervención: o antroido.
Decir que en Pontedeume a partir de 1890 é cando se teñen constancias das celebraciós do antroido. As primeiras comparsas foron "La Capa" ou "Los Embozados", é de 1914. Logo estaban "As Colombinas", unha comparsa contra os lentes na que se metían daquela con, con Couceiro Freixomil; "Las Princesitas del dólar", "Las Mariposas" etc.
As peculiaridades dos carnavais eumeses son semellantes ás doutros lugares. O veloiro do/ o veloiro do antroido e os sermós, que noutrora estuveron prohi/ prohibidos, están a celebrarse agora. E deste tempo, das prohibiciós, son as coplas do "Xa morreu" que seguen conservándose, é unha canción que se canta todos os carnavais. E, aínda que estiveron tamén prohibidas nos enterros que intentaban facerse. A guardia municipal viña detrás dos que íbamos (...) detrás do cadaleito do antroido etc. etc. Daquela, eu xa non o acordo, había sermós, nos outos/no souto da vila había sermós moi famosos e aparecía a Guardia Civil e bueno, a xente iba parar a Andrade, iba parar a, a, a, a, a calquer punto da comarca pero/ Entonces, eu o que quería facer referencia a estas coplas. "Xa morreu": a música non se sabe de quen é. A música como todas as músicas populares, pois, se asentan nos sitios e ao millor son unha copia de...e, o "Xa morreu" ten dúas partes, unha parte un pouco alegre e outra parte máis triste. E fala/ di así a letra/ para a xente que, que non é de Pontedeume porque a xente de Pontedeume debe d'estar xa, o Xa morreu, Xa morreu, Xa morreu se vai repetindo moito/ A xente/ Para a xente de fóra digo que/ din esto:
Xa morreu, xa morreu
dunha enchente que comeu ou que colleu*
Hai diversidá de opinións.
Non chorar, non chorar,
que o vamos a enterrar.
Este antroido que aquí vai
éche un valiente animal:
en vez de ir nun automóbil
vaiche dentro dun tabal.
Que era unha caixa donde iban as/ se sentan as mariquitas, o peixe sal,salgado.
En 1910, esta melodía xa hai constancia de que se cantara, en 1910, por uns manuscritos que, que, que bueno eu teño unhas fotocopias dun, dun señor d'eiquí que se dedicaba a copiar todas as, as letras que se cantaban naquel intre. E, se cantaban en castelán tamén, con, con esta, con esta letra.
La alegría de estos días
tiene hoy, triste final,
Momo se ha muerto de risa
y cansado de bailar.
Para buscar un alivio
a desgracia tan fatal,
esta noche en el casino
habrá un baile colosal.
Asistid, niñas eumesas
aisistid al funeral
del rey de la carcajada,
del humor y del disfraz.
I a música pois di así:
Xa morreu, xa morreu
dunha enchente que comeu.
Non chorar, non chorar,
que o vamos a enterrar.
Entra en tono menor.
Este antroido que aquí vai
éche un valiente animal,
en vez d'ir nun automóbil
vaiche dentro dun tabal
Ai, la, la, la, ra, la, la
ai, la, la, la, ra, la, la
ai, la, la, la, ra, la, la, la, ra, la, la
E volve ao principio.
Xa morreu, xa morreu
dunha enchente que comeu.
Non chorar, non chorar,
que o vamos a enterrar.
E, e aquí termina. Eu nas pescudas que, que fixen, que me decían que podía ser un plaxio/ Plaxios, pois bueno, os plaxios son cachiños, ao mellor son 12 ou 16 compases dunha melodía que teñen que ver con algo. Unha melodía parecida a esto sería:
La, la, ra
la, la, ra
la, la, la, la, la, la, la, la, ra
Esto é, é dunha sinfonía de Beethoven. E nada máis, non digo máis.
Autor/a da transcrición: e~xenio