Xa nos remontamos á época dos romanos, había as minas de ferro e claro, entre Santaballa e Lanzós, había aí un punto de minas de ferro moi grande e moi interesante. Entonces, sempre houbo un pequeno rifirrafe a ver por quen collía máis terra.
Vamos avanzando para non nos remontar (...) á época dos romanos, é moito e xa cando veu a época feudal, daquela que andaban os señores feudales, que se fixeron os condados e os pazos e todos eso, seguía habendo alí moito ferro e habendo problemas entre as parroquias.
E colleron, os feudales, e mandaron facer un camiño que separara ambas parroquias. E entonces, aí, aínda houbo máis rifirrafe. Sobre todo, polos lindes das terras, os problemas de sempre, e chegou a haber moito problema entre o cura da parroquia de Lanzós...e unha condesa que vivía no pazo de (Samaruga). Consecuencia, que chegaron a tal punto, que estaba o cura misando e, a todo esto, preséntase na porta da iglesia a condesa a cabalo cunha pistola daquelas de pólvora, e pégalle un tiro ao cura, matándoo dentro da iglesia.
A condesa botou a correr a cabalo. Os veciños colleron as súas/ os seus cabalos e saliron tras ela seguindo as pisadas, pero a condesa que xa tiña todo planeado, ferrara o cabalo ao revés, de maneira que non a puideron coller.
A que vén esto? Ao morrer o cura dentro da iglesia de maneira tráxica, daquela o obispado decidiu cambiar o patrón. De maneira que o San Pedro, que temos hoxe aquí, estaba en Lanzós e trouxeron o San Pedro pa a parroquia lindeira que coincidía ser Santaballa.
E o santo de Santaballa, que era San Martiño, levárono pa Lanzós. D'aí aínda hai documentación, hoxe, que di que aquí en Santaballa, o noso campo da festa tiña un nombre de Campo de San Martiño e o de Lanzós, o nombre de Campo de San Pedro. E, aí, está un pequeno vestigio do que nos din que (é verdá).
Dende aquela, pois, Santaballa-Lanzós fixéronse máis amigos e xa non hai tantos problemas.
Autor/a da transcrición: e~xenio