Beli Martínez: Nós imos presentar un pouco o que é Proxecto Socheo, un proxecto moi novo. Empezamos fai cousa de catro meses. Incluso é un proxecto que naceu aquí, no centro cultural, o día que presentamos Vikingland, que fixemos unha/ pois...quixemos convidar a todos a que/ aquelas persoas que tiveran material de arquivo nas súas casas, pois nos amosaran un pouco, nos achegaran ese material e con todo facer unha especie de álbum colectivo, un álbum, pois o álbum do pobo ¿no? ou algo así e iso é o que intentamos facer Proxecto Socheo.
Esto é, evidentemente ¿non? é un brazo de mar, e todos coñecemos quen é e tratamos/ Hoxe traía unha lista ou unha serie de vídeos todos en torno ao mar, tamén hai muito festa do monte, pa quen queira velo estamos sempre na rede e, bueno, como digo, nacemos aquí fai unhs meses e a partir de, da presentación de Vikingland, Xurxo e Luís Cividanes e tamén Gonzalo/ Gustavo, o irmán de Xurxo máis eu, empezamos a desenvolver o Proxecto Socheo, a buscar cintas nas casas da xente, a buscar materiais gravados, tamén de arquivo da televisión e demais e a subilo á rede. Creamos un canle en Youtube que é o canle de Proxecto Socheo e uns perfís nas redes sociais, en Facebook, en Twitter e tamén, evidentemente, aínda que Proxecto Socheo ten lugar na rede, creemos que é mui interesante facer este tipo de actividades.
Esta é a segunda vez que nos presentamos en público. A semana pasada, fixémolo/ Non, sin audio, mellor (...) A semana pasada, fixémolo en Cineuropa que é unha das citas co cinema máis importante de Galicia e estivemos amosando o mesmo traballo, xente da Guardia e como estamos intentando buscar e recopilar este, este tipo de imaxes audiovisuais. E, tamén, vamos a pasalo en xaneiro no CGAI, que é como quen di o museo do cinema de Galicia e tamén non, é un/ e se algo temos de bo e que/ amosar o noso fóra de, das nosas casas e, evidentemente, fóra do noso pobo. E, creo que, sobre todo, o interesante de Proxecto Socheo é amosar como a tecnoloxía e as novas redes, non, ou a rede pode colaborar pois para, sobre todo, salvaguardar o patrimonio audiovisual e tamén, pór/ o pasado, reactualizalo e incluso o presente proxectalo cara o futuro. Neste sentido, Proxecto Socheo ten dúas fases, estamos na primeira e estamos nesta primeira fase na de que todo o mundo que ten material nas casas, así que se tedes material, evidentemente, podedes pórvos en contacto con nós ou ben, achegalo ás nosas casas que sabedes donde vivimos/ e dixitalizámolo a través de procesos mui fáciles con capturadoras de televisión e con vídeos VHS e demais, e pendu/ colgámolo na rede. E despois temos unha segunda fase que sería gravar o testimonio de xente coma a que estivo hoxe ¿non? Hoxe eu estaba pensando, jo, que pena! non ter aquí a cámara e gravar, pois, as entrevistas que lle fixeron tanto a Carmen como a Tito. E ese será a segunda fase, aí, tamén, sempre falamos de que é un proxecto colaborativo, un proxecto feito entre todos. Este, por exemplo, vén un pouco en relación coa nosa/ ca explicación que deu antes a compañeira, estas son as marcas. Esta película é dos anos 30, é unha das pezas máis especiais que temos. É unha película de Carlos Velo, un director mui famoso, cuia/ este film estaba desaparecido e apareceu fai dous anos en Moscú, na filmoteca de Moscú, e os primeiros planos da película, que era unha película que esti/ se estivo buscando durante moitos anos, sale A Guarda e non solo é que saia A Guarda senón que tamén salen as marcas poveiras na porta da igrexa de Santa Tecra. É como/ pa nós é toda unha alegría ¿non? e incluso, atopalo é algo que estamos encantadísimos.
Vou a ir amosando algúns outros vídeos. Estas cousas como o fío do mar que para, pois para Tito é algo moi natural e o coñecen todos, os meus pais tamén o coñecen, para nós, que como se di ¿non? a expresión esta de 'desertores do arado', nós somos desertores dos barcos e desertores das bodeghas, no meu caso ¿non? E estas cousas, como foi a do mar, tamén podemos dálas a coñecer a través da rede ¿non?, a gravación onde amosamos claramente como se mezclan as corrientes pois tanto do río ca do mar.
Esto son imaxes tamén/ a través do mar e da construción da paisaxe, podemos ir vendo, non? como evolúe o pobo, as construcións. Evidentemente, non temos dique, non temos casas nesta zona e incluso, antes comentáballo a el, como evolúe tamén a pesca, non? e antes falaba, como antes había máis pesca nesta zona e demais e nós podemos pois, a través deste documento que é un/ este é o temporal. Este é un temporal, como o de Tito, nun mercante, nos anos 80 e que son imaxes que, evidentemente, eu non as tiña na casa senón que son imaxes que tedes todos vós nas casas e nós, o único que facemos é iso, dixitalizalas e pólas a uso de todo o mundo porque, evidentemente, o que cremos é que a rede e as novas tecnoloxías facilítannos este acceso ¿non? e se antes falábamos, e aquí tamén quería reivindicalo, nós non nos adicamos á fotografía, todos vimos do mundo do audiovisual, da historia e demais/ e aquí na Guardia si temos un problema mui importante co arquivo fotográfico que está en mans de mui poucos e non se comparte. Nós estamos, totalmente, opostos a iso e por iso, collemos todos estes materiais e están en acceso público pa que a xente os use, pa que a xente os vexa e, sobre todo, pa que a xente o disfrute; porque eu creo que bueno/ eu polo menos, para min é unha delicia d'estar traballando neste proxecto nos meus tempos libres e/ pois coller as cintas e empezar a dixitalizalas e empezar a ver muitas cousas e, sobre todo, as que máis me sorprenden pois son: si, a festa do Monte, algunhas veces/ esta é unha das manifestacións máis multitudinarias que hubo na historia da nosa vila, é nos anos 80.
Uris foi, creo, o que dixo cal era a manifestación porque había/ si eran os límites de pesca con Portugal/ si/ e, incluso, podemos ver como evolueu un sector ¿non? como se destruíu un sector tan importante como era a pesca na nosa vila, como aquí se mobiliza todo un pobo a favor da pesca e, como dicía o outro día un comentario en facebook, que dicía: eu, realmente agora, se temos que botarnos á rúa por defender a pesca, non nos botamos nin os mariñeiros. Aquí vese, pois iso, pois todo o pobo en loita. Evidentemente, estos son as determinadas vivencias que moitos de vós estábades aí presentes, outros aínda non estábamos presentes e, para nós, pois é tamén unha parte coñecer parte da nosa historia que resulta bastante importante e incluso/ Esta, por exemplo, é da pesca da sardiña nos anos 80 e vemos claramente esta evolución da pesca, de como antes pois si (...) capturábase moita sardiña e as imaxes, evidentemente, non retocamos nada porque é arquivo, o arquivo non se pode modificar, o arquivo conforme o collemos e así o colgamos en internet. Xuntamos, facemos edicións pensando en, na rede, en que sexan vídeos curtos pero non o modificamos de calidades nin nada. Aquí vese claramente ¿non? de esa/
Xosé Font: É unha pena que non hai demasiada calidade de imaxe.
Beli Martínez: Non, pero bueno, é así.
Xosé Font: Non, aí, na proxección, digo.
Beli Martínez: Ah, si, claro. E despois temos este que (...) E esta, pois é deste vran, doutras que nos trouxeron e vemos claramente, non son as mismas cantidades de sardiñas, non é a misma cantidade de xente traballando a que se dedica pois á sardiña e este é un día bo de pesca ¿non? Aquí é como podemos ir amosando un pouco esa diferencia. E tamén é importante ¿non? de falar de este álbum colectivo e hoxe escoitar a Tito ¿non? pois/ e as preguntas del/ muitas veces nós que non vivimos a pesca pero si, sufrimos a pesca ¿non? as ausencias dos nosos pais e demais ou irmáns pois, a través destes vídeos vemos como era a realidade dun día a día na pesca ¿non? e desas ausencias.
E neste momento, este mes, estamos colgando outro dos nosos grandes achádegos que é Vídeo Fox. Vídeo Fox son as gravacións encima de/ bueno, a bordo do Tania-María, un espadeiro guardés. Esto son unhas imaxes que cedeu meu irmán que as tiña na casa dicíndome: "Dixitaliza isto e pásamo a dvd" e dixen eu: "Hombre, este es material del bueno, chico". E nos emocionamos, hai sempre chamadas en plan: "Xurxo, mira isto que isto está mui guay". E esto é o que estamos amosando e o que amosamos o outro día en Santiago, é o día a día no barco, igual que en Vikingland pero esta vez nos espadeiros. E, sobre as preguntas, como por exemplo ¿que se comía? eu aquí, o que me sorprendía era, pois, a comida que era impresionante. Había un cociñeiro que (...) había un cociñeiro que era marabilloso e que fai inclu/ este é o corte de pelo na ruta.
Xosé Font: Anda, por iso non lle preguntara, mira!
((Risas do público))
Beli Martínez: Si, hai así momentos mui simpáticos pero/
Xosé Font: Temos que rematar.
Beli Martínez: Si.
Xosé Font: Estamos xa no, no límite do tempo.
Beli Martínez: Esta é a comida. Hai unhas tartas que eran a unha do mediodía era como/ Tío, están facendo unha tarta pero esto parece Rogelito! ((Risas do público)) E eran así varias e despois, bolos, tartas, había muitas celebracións. Cuadraba tamén con San Antonio e demais. Era increíble e esto é unha forma pois tamén de nós, os que non nos embarcamos, de tamén achegarnos ¿non? a esto e pouco máis. Moitas gracias.
Xosé Font: Pouco máis, é moitísimo! Moitas grazas.
Autor/a da transcrición: e~xenio