Xerardo Santomé: Boas noites. Desde logo, en principio, non vamos falar do mare pero, pero si que falamos de outra cousa que tamén é mui importante para a xente do mare e a xente da, da labranza que realmente é a diversión porque non todo vai ser/ Entón, vamos falar un pouco do que é o noso mundo, un mundo do ghaiteiro, dito así con palabras maiúsculas i,i,i bueno, perdoades un momentiño porque a técnica sempre rifou comigho i,i,i (...)
En principio, quero dicir que desde logo estou mui contento de vir a unha das capitales da república independente de Xistralia porque fai tempo que tuvemos que definirnos porque o noso traballo era o Baixo Miño e o Alto Miño portugués i cando nos dicían no norte de Galiza que éramos portugheses, en Portughal nos chamaban españois que era unha cousa que nos jodía máis pero...pero bueno, porque non nos identificaban como galegos, bueno, pero bueno, é igual. Ao fin e ao cabo, somos portugheses. Digo unha das capitales porque nós pasamos moitos anos no Baixo Miño intentando coller cantighas que, por certo, hai unha que fala das mari/ das mulleres, unha que di aquela de:
Dáme lume Sara polo mexadeiro
que as rapazas da Ghuardia
sonche de muito palique;
elas botan o ansuelo,
quen queira picar que pique.
Bueno, de todos modos, en principio teño que dicir que é unha posibilidade marabillosa aos que nos estamos enamorados da trasmisión oral porque é algo que non é tan inmaterial porque a transmisión oral a fan as persoas i, para nós, é un punto importante i quería retomar un pouco o que dixo Xosé Lois, os localizadores/ Nós o libro, igual que muitas cousas, sin os alcumes non somos nada i eso, pedimos sempre que non se perda, nunca. I, sobre todo outro rollo, que é que temos outro problema os da transmisión oral que é que, ao final, é como a lingua, vamos ter que defendernos con asociacións de tipo non lucrativo, a nivel individual i autoeditarnos porque non nos queda outra posibilidade, como é o caso do libro do que falaba Xosé, pero que en todo caso temos que agradecer tamén ao Concello de Tomiño unha axuda bastante importante. I hoxe, pois eu traio aquí algo para adornar un pouco a verdadera estrela, que a verdadera estrela era Camilo Riveiro, seguro que o conocedes todos. Eu traía algo aquí para ilustrar un pouco o que é o instrumento que el toca, ese bombo que tan ben coñecedes todos. Pero, claro, á falta del por un problema de saúde pois non pudo vir, o cal/ pois bueno, que salga todo ben/ i vamos a, a intentar facer algo que/ sobre esto. En principio, había que poñerlle un título a estes dez minutos con Camilo aquí, (incomprensíbel) pretendía falar sete que vai ser mui difícil, porque Xosé xa me conoce.
Xosé Font: I eu perdín/ Non sei cando empezaches.
Xerardo Santomé: Bueno, é igual, vale. Reinicia, resetea. Bueno, en realidá e/ quixen poñerlle un título para que, un pouco, despertara en/ na xente que vén esa importancia de que cando un ten algo de seu, hai que defendelo, no caso que dixo Xosé Lois do, do idioma e da lingua. E eu veño a falar dun bombo que é, autenticamente, do Baixo Miño, porque é auténtico polo menos nas pesquisas que nós fixemos, ten unha vida independente i unha orixen independente do bombo que nós coñecemos como bombo de gaiteiro. Entón, o título que eu lle puxen era: Bombo. Bombo de ghaiteiro ou bombo de treboada? Entón un pouco era para explicar para que Camilo fixera o seu arte/ Entón, pois, e/ Sempre, cando falamos do bombo/ non vou falar do bombo en si, senón do bombo de treboada, eh. En realidá, bombo é un instrumento grande, de percusión, un bass drum que lle chamarían os ingleses/ Que é o bombo normal? Dentro do bombo hai muitas categorías, pero antes de diferenciar, quixera falar do bombo, do que nós conocemos como bombo de ghaiteiro porque esto non obligou a nós a ter que diferenciar unha, unha, unha nomenclatura auténtica da treboada.
A treboada necesita unha nomenclatura auténtica, entón cando falamos de bombo de treboada, falamos de caixa de treboada, falamos de ghaita de barquín, que é outro dos temas que tuvemos a sorte de poder recuperar/ Entón, para distinguir un bombo de ghaiteiro, un bombo de ghaiteiro é aquel que conocemos todos, suele ser un bombo, bueno, realmente, máis ou menos estreito ¿eh? i ese bombo para que vexamos a orixen del/ a orixen del vén a través de...de cando no século XI as invasións turcas, metían sempre uns/ levaban sempre os xenízaros que eran os sultáns, bueno, perdón, eran a guardia persoal dos, dos, dos emperadores, traían sempre unha banda de música que ahora conocemos como banda de música, como vedes aí, teñen aí uns bombos enormes, bueno, unhas cornetas i todo eso, derivou logo que os imperios centroeuropeos montaran as súas bandas militares con ese fin, é decir, intentar amedrentar ao contrario. E logo d'aí xurdiron, das bandas militares, xurdiron as bandas civís, as que nós conocemos agora. Afortunademente, vivimos nunha parte do mundo donde as bandas de música civís, as bandas de música populares son mui importantes. I logo d'aí, pasou a formar parte/ bueno esto é a banda de Tabaghón, de ano 1920, dirixida por, por Groba, pasaron as bandas de, de, de música civís e incluso as Murgas/ estes son, os, os portos de Tebra que como vedes ten unha gaita un pouco part/ particular, non se ve moi ben, pero bueno, é unha gaita que ten un doble, unha doble buxa e d'aí tiramos i sacamos unha/ bueno, vese así, un pouco/ I logo, gracias ao amigo Uris, ao cal saludo e agradezco a colaboración porque pouca xente é tan desinteresada i denuncio, desgraciadamente, que en tódolos pobos hai semihistoriadores que nunca/ se gardan todo, rouban material e logo, non o comparten. Non é o caso de Uris, eh, é todo o contrario. Muitas gracias (incomprensíbel). Pois esta foto que tíñades vós catalogada como a gaita de Bouzó de 1927, non é nada menos que Soutelo de Montes, a partir desta data revolucionaron todo o Baixo Miño i empezaron os dúos de gaitas. Quero decir que tamén utilizaban o bombo de ghaiteiro que nós conocemos ¿no? E, incluso, máis adiante formaron as primeiras orquestas. Esta é la famosa Americana, no, la famosa jazz band La Americana de Tomiño. Desa época (incomprensíbel) e vedes que a batería, bueno, está composta con paus i forma parte un bombo de eso ¿non?
Pero bueno, con todo esto hasta ahora vimos unha evolución, así, por falar rápido i unhos bombos pero nunca vimos un bombo de treboada. Entonces, cabería preguntarse si o bombo de treboada ten outra orixen ou outra evolución. Entonces, nós neste traballo, cando fala de nós, falo da Asociación Gaiteiros da Xistra, da cal, pois bueno, temos varias historias por aí; funcionamos por proxectos i, abandonamos fai tempo o tema dos discos e das actuaciós, así, multitudinarias, que tamén as facemos pero non é o noso interés sinón traballar en proxectos. I, entonces o bombo, o bombo da treboada (ou) bombo grande ten unha orixen común cos Zés Pereiras portugueses, somos a misma cousa, unha cousa máis que demostra que non somos dúas culturas diferentes sinón unha misma cultura i que, politicamente e historicamente, pois nos tuvemos que separar. E,e,e entón aí, malamente, bueno, a verdá é que (non) se ve con moita claridade. Eso é unha procesión do século/ está, é un cuadro de, de Augusto Roquemond, que é de ano 1932, i o poño aí porque xa hai documentación de que estes bombos grandes formaban parte das procesións durante o século XIV nas festas de, de Viana i xa o documenta daquela pois Maria, Maria de Vasconcelos.
Despois, hai outros autores, marabillosos ademais, que describen o bombo co seu propio nome. De feito nós/ sabedes que en Galicia ao bombo de ghaiteiro hai lugares que lle chaman o milaghriño, ten un nombre, ti cando falas do milaghriño, é o bombo. Que ocurre en, na parte portuguesa? o Zé Pereira é o bombo, non é certo que sea o nome e apelido dunha persona. E ao bombo chámanlle Zé Pereira i aos que tocan ese bombo, chámanlles Zés Pereiras. Entonces, tirando de aí, que pasaría si falaríamos/ desde logo eu recoméndoo, non vou ter tempo de ler, quería lervos un cachiño dunha obra marabillosa de Júlio Dinis que se chama A Morgadinha dos Canaviais que, por certo, está en película en blanco e negro, é do ano 1868, o libro i describe, exactamente, o protagonismo dun tocador de bombo como houbera sido Camilo. Descríbese ese éxtasis que se busca. Realmente, un músico o que busca é o éxtasis para poderse comunicar. Pois, ese libro o describeu mui ben, independientemente de que logo hai unha trama política caciquil i eso, pero bueno. Júlio Dinis, chámase A Morgadinha dos Canaviais.
Despois, atopamos muitas referencias anteriores á metade do século XIX en Portugal, pero ¿por que na beira galega non a atopamos? I volvo a denunciar que o Baixo Miño, sempre toda a súa historia parece como se quedara afastadísimo de todo o mundo, incluso hoxe en día, á xente parece que lle queda máis cerca Lugo ou Viveiro do que lle queda A Ghuardia i é verdá, vivindo en Vigho, o sea é unha cousa. Entonces, loxicamente, nunca, nunca houbo traballos editados para poder contrastar esto, i o pouco que atopamos son pois La Voz del Tecla, El Heraldo Guardés, mui gardado por determinados personajes, mui difícil de consultar pero que, gracias a Dios, alguén fotocopiou de vez en cando i vamos (incomprensíbel) ¿non?. Entón as referencias en Galicia non, non as temos tal como, como si, pero nós empezamos a, a atopar, empezamos a, a preguntarlle á xente de Tomiño, á xente maior, independientemente de que fora músicos que entende por treboada. Treboada para un músico, para un veciño calqueira, era aquilo que levaba unha ghaita, igual que no Rosal a ghaitada é o que leva unha ghaita, unha charanga non leva ghaita, a ghaitada leva. Entón, a partir de aí, empezamos a ver que existía un bombo, grandísimo, que tocaba cunha gaita de barquín con dous roncos. (Védelo aí na esquina ¿eh?) Este Benito Moure é veciño de Figueiroa en 1910 i a partir de aí empezamos a ver que, realmente, o bombo tiña vida propia, en Galicia viviu acompañando a ghaiteiros parroquiais. E ese é a ampliación do tema. En Portugal tamén o hai, se forma/ nós a esto lle conocemos como treboada antiga para diferenciala da treboada actual porque a treboada actual empeza a conocerse a partir de dous bombos. I así aparecen cantidá de formacións, Los Terribles de Tomiño/ I esta é a gaita de barquín que, afortunadamente, pudémola presentar o di/ o sábado pasado en, en Goián. É unha recuperación que nos levou muitos anos, fixemos, bueno, atopamos restos de cultura material, informantes, fotos i,i,i,i bueno, i,i diferentes bombos. O único que vos quería decir é un dato/ tamén quería decir o papel da muller nestas cousas. Tamén é certo, a muller dun/ a muller do ghaiteiro é mui parecida á muller dun mariñeiro ¿eh? porque o ghaiteiro marchaba o viernes, e non volvía lunes e,e,e volvía como volvía. O que tiña burro, o burro sabía o camiño de volta, decían, pero bueno. Porque a muller aparece nas treboadas por primeira vez en 1985 i aparece co boom folclórico porque se pasa da profesionalización a, a enseñar (incomprensíbel) I era curioso porque un dos contratos que tuvemos a sorte de consultar aquí na festa do Monte, decía por que unha muller non podía, decía, unha das cousas decía: "La treboada, bueno, la treboada se, se pagará sus gastos de viaje y aprovechará la camioneta que trae la banda de Tabagón que para en el empalme de Tomiño y vienen todos juntos. Y la comisión, les dispondrá un lugar cubierto, cerrado, con manta y pajas...para dormir". Entón claro, loxicamente, unha muller creo que non tiña un ámbito/ I,i,i a verdá que ahora eu o que sinto é/ preparei esto así dunha maneira mui tal/ Agradezco esta posibilidade (...) creo que estamos en marcha para presentar xa aquí o libro e vir a presentalo cando sea.
Autor/a da transcrición: e~xenio