Xosé Font: Tito é mariñeiro e estivo/ Traballou no mar ¿cantos anos, Tito?
José Benito Rodríguez González "Tito Chirro": Cuarenta.
X. F.: Cuarenta ¿Si, si, se escoita? Podemos dar un pouquiño máis de micro aquí. Cuarenta anos. Cuarenta anos no mar...eso é unha vida.
J. B. R. G.: Si.
Xosé Font: Por donde navegou?
J. B. R. G.: Pois...
X. F.: Ou é máis fácil preguntar por donde non navegou?
J. B. R. G.: Pois casi por todo o mundo. Polo Pacífico, no Índico, Atlántico Norte, Atlántico Sur, África. Disde Irlanda do Norte hasta Australia que me xubilei indo á baía de Melbourne, alí. Empecei a traballar na Guarda e xubileime na baía de Melbourne.
X. F.: Que non é mala cousa!
J. B. R. G.: (Australia)
X. F.: E, a, con que edade embarcou por primeira vez?
J. B. R. G.: Aos trece anos.
X. F.: Trece anos.
J. B. R. G.: Oficialmente, aos trece anos. Andiven con meu pai dous anos a traballar aí, pero tan pronto,o,o mirou que tiña estabilidá pa aguantar o balance/
X. F.: Ao mar.
J. B. R. G.: (A) embarcar.
X. F.: Bueno, a verdade é que eu teño moitísima curiosidade e quero preguntarlle moitas cousas, sobre todo da vida nos barcos. Can,can,canto foi o mairo tempo que estivo vostede embarcado?
J. B. R. G.: Catro meses e medio.
X. F.: Catro meses e medio. Catro meses e medio no mar, no barco, iso é un,n,n mundo de tempo.
J. B. R. G.: Si, é un mundo porque non hai vida social. O sea, aparte de que solo hai auga e,e,e ceu/ Porque tristemente este oficio é,é,é/ Que andamos ao peixe espada hai que estar no medio do océano. É mui raro ver montes, mui, mui difícil. Sempre estás a,a,a 2.000, 3.000 millas de, de terra ¿no?/ por donde nós traballamos, no océano Índico. En fin, entonces,s,s, faise bastante/ Levar un mes é unha cousa, levar dous meses é outra, levar tres meses é outra, levar catro é outra, eso é un/ é unha maneira totalmente diferente disde o primer día hasta o último.
X. F.: E as relacións entre os tripulantes dun barco, catro meses e medio pechados alí, ou te levas ben...
J. B. R. G.: É mui difícil, hai que saber manexar mui ben, ter unha manga ancha, bastante, porque tes que esquivar moitos problemas. Se tes problemas, alí nadie tos vai (a) solucionar, telos que solucionar tu.
X. F.: I era habitual que houbera problemas?
J. B. R. G.: Non, non. Normalmente, eu tiña a suerte de que (andiven) cunha tripulación que levan (...) rapaces con trinta anos, vinte anos comigo/ A nosa tripulación era: marchaba un, viña o primo, marchaba o primo, viña o irmán e marchaba o irmán, viña o pai. Bueno, andábamos bastante ben pero había tripulacións que era moi triste, chegar, negábanse a traballar e había que ir pa terra. E había que navegar oito días pa chegar a puerto e, ao chegar alí, esperar por outra tripulación e salir.
X. F.: Porque non conseguían entenderse entre eles nin, nin traballar nin nada.
J. B. R. G.: Hai cousas que cuando/ entonces cuando hai un lío/
X. F.: Como se comía no barco? Bueno/ que a min eso sempre me chamou a atención.
J. B. R. G.: Comer, comíase ben, perfectamente, como na casa. Si, no barco/
X. F.: Pero aí dependía do cociñeiro, tamén.
J. B. R. G.: Si. Lévanse cociñeiros bos, bos e páganselle. Pagábase mui ben. Os cociñeiros é un home que hoxe nun barco gaña muito diñeiro, sempre que sea un cociñeiro bo. Podes estar cansado de traballar, unha persona, un rapaz que está a traballar 18 horas, que era a media que se traballaba (de) 18 horas, viña cansado pero chegaba ao comedor, hoxe os comedores teñen aire acondicionado, tal, bueno/ Se duchaba, poñíase no comedor e se lle pos un plato bo comida, o espíritu cambia, a cara cambiaba. Agora, se vai comer naquel momento, dispois d'estar cansado de traballar e lle poñen un plato de comida que,e,e ((Acenos de desgusto)) daquela maneira, pois entonces/ Hoxe había de todo (...) O que é no mar, o problema é/ comida i de todo, o problema é que hai veces (que) queres comer e non podes porque está o traballo, preséntase peixe ou unha maniobra mala, calquer razón que, que na hora da comida, pois, non se pode comer.
X. F.: Canto chegou vostede a traballar seguido?
J. B. R. G.: Seguido? Bueno, pois,s,s,s pasounos en Gabón, dentro do golfo de Guinea, tres días porque/
X. F.: Tres días seguidos.
J. B. R. G.: Tres días seguidos. Si. Tuvéramos unha pequena avería que se nos rompera a turbo, tíñamos outra turbo a bordo, desmontamos a turbo, colocamos outra e seguimos traballando. Si. Tíñamos que traballar, primeramente, (mentres) non estaba montada co atmosférico, co motor mal e nos daba muito traballo porque non desarrollaba ¿non? Logo (ao) colocar a turbo, xa se volveu a funcionar outra vez.
X. F.: Eu dígolle que si pero a metá non o entendo.
J. B. R. G.: Bueno, é igual.
X. F.: (Incomprensíbel) Por, por quedar ben, eh. Certamente, eses catro meses, non sempre eran catro meses, pero, había fases. Eu imaxino que cara ao final se iba facendo cada vez máis duro ¿non? i a relación ca familia, en catro meses, se complicaba bastante.
J. B. R. G.: Si, moito, moito. Faise duro porque/ Dices o final da campaña? Dices?
X. F.: No.
J. B. R. G.: Ou, cos tempos.
X. F.: No, no. Da campaña, da campaña.
J. B. R. G.: Da campaña si porque os corpos iban xa cansados. O primeiro día un roce apártate. O segundo que fas. O terceiro de malas maneiras e o cuarto xa non digamos ¿non? Entonces, si. Pero eso se compensaba/ Cuando mirabas que a tripulación estaba, así, un pouco mal, poñías unhas horas co teléfono e comunicarse ca casa, terminaban de comunicar ca casa e o carácter da persona cambiaba totalmente.
X. F.: O sea que había que facer/
J. B. R. G.: Ca familia, cos fillos, coas mulleres e cos homes, e/ Entonces o carácter cambiaba (socialmente). Eso demostra que había unha deuda de afecto ¿no? que falta aí. Non hai vida social. Eso, practicamente, estás vivindo como os animales. Prueba é que chegas a terra, e a min pasábame, se estás nunha conversa e como se estuveras a ver unha partida de, de tenis, como estaban xogando hoxe. Están falando e estás ((Acenos dunha persoa que non escoita)), e ti que dices? Que vas a decir si non lestes nin o periódico. Non sabes, non sabes de que van. Non sabes nada ou sea/
X. F.: Estabas completamente aislado.
J. B. R. G.: Aislado total. Non tes nada. Enfrascado no traballo nada máis e veña días, e veñan noites e veña/
X. F.: Esto non é pra preguntar aquí, pero, en fin. E a relación, por exemplo, coa parella dos mariñeiros ¿Como se levaba? O estar catro meses separados.
J. B. R. G.: Home, é bastante. (O) chegar a terra era/
X. F.: Non fai falta detalles.
((Risas do público))
J. B. R. G.: No, no. Era así. O chegar a terra era, era unha luna de miel! Pero logo, logo marchar p'o mar ¡Oye! Tes que deixar a familia alí e xa sabes que e,e,e/
X. F.: A/I relación resentíase/
J. B. R. G.: Aquí, aquí é donde quero romper unha lanza, que lle preguntabas hai un pouco a Carmen, aquí.
X. F.: Si.
J. B. R. G.: Ás mulleres mariñeiras había que facerlle un monumento a todas. A todas. Porque elas foron as que levaron as casas, sacaron as casas adiante. De que vale que traballes ti muito se tes unha muller que se lle marcha,a,a pola ventana, non? A muller mariñeira era a que tiña que cuidar dos fillos, levalos ao médico, levalos á escola. Cuando era das redes, tiña que atar as redes. O sea, tiña un cargo, nosoutros chegábamos a terra e marchábamos p'a taberna, naquel entón, cuando era cas redes ¿no? Ahora xa no. Ahora a pesca xa é totalmente trasa[t]lántica. Hai qu'ir a outros océanos a pescar, tanto ao Pacífico, a Chile ou donde sea. En Nova Zelanda, donde cres que hai peixe hai que ir alá. Se tes un barco competente, tes qu'ir.
X. F.: A min/ Hai/ Eu son de terra adentro, non de mui adentro, pero de terra adentro. E o mar imponme moito (incomprensíbel) moito respeto. Imaxino que cando o mar se pon bravo, se pasa mal. Ou non? Hai medo ou non hai medo?
J. B. R. G.: Medo non, respeto. Hai respeto.
X. F.: Para min eso do respeto sempre me sonou a medo camuflado.
((Risas do público))
J. B. R. G.: : Bueno, nós/
X. F.: En medio dunha tormenta de ondas de non sei cantos metros/
J. B. R. G.: Si.
X. F.: Respeto/
J. B. R. G.: Alí teste que facer, o sea, tes que ter respeto na máis porque tu non tes outra salida. Se te acojonas é peor. Tes que tratar/ un peligro reconocido é menos peligro ¿no? Se vas pa unha zona, chegas, o primeiro que tes que mirar e coller os derroteros e mirar que acaecementos vai haber. Se corren ciclóns, se corren borrascas, como terás que maniobralas, se é que te veñen, que rumbo teñen, se os ventos son constantes, se non son, as corrientes, se van ao cabalo do vento, se suelen ir porque se tes un vento norte i a corrente vén do sur, sabes que vas a ter o doble de piligro porque levanta muito máis mar ¿no? O sea, esas cousas todas telas que estudiar tu antes de chegar á área. Conforme vas navegando, vas collendo os derroteros e vas vendo en que situación te vas encontrar si chega o momento dunha borrasca ou un ciclón (incomprensíbel) tes que maniobrar.
X. F.: E cal é o seu peor recordo falando disto?
J. B. R. G.: Como?
X. F.: O seu peor recordo, o peor momento.
J. B. R. G.: Pois/
X. F.: Que pasou.
J. B. R. G.: A última campaña collemos un ciclón, nosoutros. Ás dúas da mañán, estaba un ciclón encima da/ O ciclón viña da, do golfo de Bengala. Chegou/ Atravesou Madagascar, pasou a Mozanbique, se desfixo e dispois se puxo unha baixa encima de, do sul de Madagascar. E non lle demos importancia ¡ah!, pero chegou alí unha bolsa de auga quente, aflorou, hubo un afloramento de temperatura, cargou e se puxo a 170 Km/hora e, ao pouco tempo, ás 2 da mañán, xa o tíñamos encima de nós. E logo non había maneira de, de, d'escapar. Poñelo a mura, o sea, tratar de cortalo. Nós sabíamoslle/ Eu sabía a trayectoria que tiña, que viña a 160 grados e tívenme que poñer a 40 e ir cortándollo así, pouco e pouco, e o que pasara. Nos levou a balsa, nos levou dúas/ a zodiac, nos levou dúas balsas, nos levou dúas (enteras altas), nos levou un equipo de telefonía, o sea, o teléfono; tíñamos dous, un standar M, nolo levou, quedounos o standar A, e bueno, queda o barco limpo, a cubierta limpia, limpia total. E tuvemos tres días e tres noites pa pasalo ¡Pasalo! Pasou el por encima de nós que nós o único que facíamos era ir escapando.
X. F.: Pero iso non dá medo, dá respeto.
((Risas do público))
J. B. R. G.: E estás alí, non tes nada que facer. Aí non hai, aí non hai escapatoria. Tes que telo todo mui claro o que tes que facer. Nese momento, tes que ter as cousas claras. Non podes ter dudas. Non podes correr en popa con el. Se corres en popa con el, vas á morte segura. Eso non/
X. F.: E un ataque de pánico aí non serve para nada porque/
J. B. R. G.: Pra nada, pra nada. Aí tes que/
X. F.: Chegou a naufragar algunha vez? No.
J. B. R. G.: Si.
X. F.: Si?
J. B. R. G.: Na costa portuguesa.
X. F.: Si.
J. B. R. G.: O día, o 5 de agosto. No, de setiembre.
X. F.: E como foi aquilo?
J. B. R. G.: Pois cerrado en nebrina. Chegamos un (momento), había/ o rádar tiña moitos atmosféricos, chegamos (un) momento e perdemos, perdemos o eco e cuando llo vimos, vímolo enriba. Era un barco de, de,e,e,e Marín, partiunos pola metade.
X. F.: Caramba!
J. B. R. G.: Estaba calma, non pasou nada, nos salvamos todos. Non, non pasou nada.
X. F.: Pasou un barco. Foi o que pasou. E/ maxino que nos barcos tamén o paso do tempo e, os anos, si, si se notou ¿non?
J. B. R. G.: Si.
X. F.: En avances tecnolóxicos.
J. B. R. G.: Por suposto.
X. F.: En seguridade.
J. B. R. G.: Por suposto.
X. F.: En todo ¿Non?
J. B. R. G.: Si, por suposto. O único que pasa é que o millor barco do mundo, é como botar unha cáscara de noz na catarata do Niágara ¿Eh? Eso, pa que nos faghamos todos unha idea, tu colles o millor barco do mundo, é como si tiraras unha ca/ unha cáscara de noz na catarata do Niágara. O mar o que quere é forza, que teña donde embestir, cuanto máis fuerte é o barco, o golpe é maior. Nós navegando/ con pasar barcos mercantes, ter que parar, eles parar porque collen tres ondas de mar e párteos. E nós aguantar e seguir navegando. Barcos de pesca, seguir navegando. Navegamos nós mellor que eles. Si, bastante mellor.
X. F.: Bueno, e de repente, esa vida acaba e chega un a terra e,e,e ¿como o leva?
J. B. R. G.: Ao chegar a terra traes un millón de cousas na cabeza que facer e logho nos fan ningunha. E nos fas ningunha porque, porque non sabes por donde empezar. Primeiro estás no mar e digo, ao chegar a terra vou facer esto, esto, esto, e chegas e logo non fas nada porque non sabes por donde empezar. Porque ao cabo de 20 días tes que salir outra vez. Xa te dan a noticia: -Oye, temos vuelo pa tal día/ Porque nós facíamos base en Suráfrica ¿non? Víñamos de Suráfrica/ Antes facíamos en Montevideo e logo, de avión, de Suráfrica a Madrid. Antes íbamos a Frankfurt, Londres e bueno, unha peripecia aí pa, pa chegar.
X. F.: E como si nós faláramos ¿no? bueno, vamos, collemos o Acha hasta Tomiño, despois vamos a Tui, máis ou menos ¿no? E, cando chega o momento da jubilación ¿se bota de menos o mar ou no?
J. B. R. G.: Si. Eu boto de menos o mar. De feito, o primeiro que fago cuando me levanto da cama é ir mirar o mar. Pero, como dig/ gustaríame estar no mar pero noutro, sin cargo como eu tiña ¿non? D'espetador vamos, estar no mar pero d'espetador, no a traballar, nin/ o sea, alí andar cun peixiño, mirar como se enganchan e tal ((Risas do público)) Pero, na máis.
X. F.: Eu perdinme. Creo que pasan dos 10 minutos ¿verdá? Creo que si. O sinto. Bueno, pois muitas gracias e a única pregunta que me queda por facer, para cumplir a miña curiosidade, é: Si volvera nacer, volvía ser mariñeiro?
J. B. R. G.: ...No ((Nega coa cabeza)) Non sería mariñeiro.
X. F.: No.
J. B. R. G.: No. É un coste moi grande que hai que pagar, é un coste mui grande porque mira, eu, morreu meu pai, estaba no mar; morreu miña nai, estaba no mar; casaron meus hermanos, estaba no mar. Eu non tuven vida. Eso non é vivir, a vida que hai hoxe. Antes a pesca era costeira, andábamos aquí a sete, oito días, catro días, cinco días. Pero logo eso se foi/ Dios mío! Non hai distancias hoxe ¿Donde está o peixe? Nas antípodas. Hai que ir ás antípodas buscalo. E non hai máis nada.
X. F.: Bueno, pois con sacrificios como este se fixo un país. Gracias. Boas noites.
Autor/a da transcrición: e~xenio