Axudaime, Axudaime
axudaime nesta letriña
que eu no me podo axudare
co esta miña gharghantiña
Hai que afilala,
hai que afilala,
a navalla de Pepe
non corta nada.
Non corta nada,
corta bastante,
ten coidado neniña
co estudiante.
Moito me doe a cabeza
moito me doe o pescozo
de mirar por o portal
por ver si vén o meu mozo.
Hai que afilala,
hai que afilala,
a navalla de Pepe
non corta nada.
Non corta nada,
corta bastante,
ten coidado neniña
co estudiante.
Aparta José que vén un coche!
Os de Vigo sempre din
que Moaña non ten ría,
tampouco teñen en Vigo
o que ten miña María.
Por ir ao baile á Ramallosa,
por ir ao baile, neniña, perdín a moza,
perdín a moza, quedei sin ela,
por ir ao baile, neniña, de Redondela.
Hei!
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro