Laberinto amorfo inscrito na pedra,
petroglifo amante que arde na memoria, 
descubrindo o rostro de muller anterga.
Alalá da luz con sabor a cumio, 
a vivir castrexo perto do ceo,
a escoitar do mar o ronco marmurio, 
a vento que asubía e riza na pel.
Eu que son punteiro de gaita leda
descubro en ti a roita do sol,
a que sempre volve, a que aniña e medra 
a que arrola a terrra no meu ventre ou fol.
Alalá da luz con sabor a cumio, 
a vivir castrexo perto do ceo,
a escoitar do mar o ronco marmurio, 
a vento que asubía e riza na pel.
Alborada fonda, enunciando cantos novos, 
erguendo o día nos cumios sen fronteiras 
espertando ao Miño, quen ponme diante os ollos, 
un concerto milenario sobre a néboa.
Mais morro coas mareas nas augas dun río, 
e o Trega ergueito no amor é testemuña, 
as ribeiras loiras, na area danse bicos, 
levando cara a insua os ecos da mornura.
As ribeiras loiras, na area danse bicos, 
levando cara a insua os ecos da mornura.
Autor/a da transcrición: e~xenio