Queremos honrar aquí tamén unha figura dunha persoa que estivo moi vencellada ao coro nos anos 50 que foi Manuel Capelo Pato, pois foi un mariñeiro da mercante que andou navegando (incomprensíbel) era orixinario de Pontevedra (...) viviu bastante tempo na Coruña, bueno, no mar, como ben diría Serafín e (...) pero cando estaba na Coruña coñeceu tamén a moitos mariñeiros deses bos amigos, tamén da zona da Costa da Morte, seguindo esa tese de que a Costa da Morte comeza na Coruña, pois loxicamente Caión que tamén vai ser o próximo tema...unha foliada que se chama Mariñeiro de Caión pero que ten un vocabulario moi específico, pois imaxinade o que significaba recoller cando non había nin radio, nin televisión (...) as melodías tiñan bastante sustancia tanto no idioma como na música. O retrouso di:
A traíña vai na pana
os remos no galeón
e a sardiña vai correndo
para o porto de Caión.
Dáme vergonza explicar os termos mariñeiros diante de mariñeiros, así pois, si, se o teñen a ben explicalo eles, incluso moito millor, de feito sería unha boa... ((Intervención de Serafín Mourelle)) Bueno, a traíña era un arte de cerco, eh, tamén se lle chamou máis tarde, terraza, non (incomprensíbel) había de Caión, había de Malpica, moi bos pescadores en Malpica, por toda a costa (incomprensíbel) porque a traíña puxeron (...) unha especie que abundou tanto sempre e era de primeira necesidá. Aquí se exportou sardiña, entre/en (Tabales) (....) ou sea (incomprensíbel) para toda España, sobre todo tamén para Cataluña. Despois viñeron os cataláns, (imcomprensíbel) introduciron as conservas aquí e tal (incomprensíbel) pero a sardiña (...) pois alá os celtas (incomprensíbel) xa collían as sardiñas na playa, había tantas (incomprensíbel) e xa as asaban alí mismo, claro. ((Intervención de Moncho do Orzán)) Pois a pana e o lugar da embarcación no que vai vai recollida, precisamente, a traíña; a traíña vai na pana e os remos no galeón. O galeón, non é o dos barcos piratas, nós cando fumos a, a polas escolas da Coruña, eh, aprendéndolle aos nenos estas palabras, moitos pensaban no galeón dos barcos piratas e estes, sen embargo, son de menor tamaño e tamén sirven, por suposto, para a pesca, aquí todo vale para a pesca en Galicia. E, sinaladamente, hai outra copla que di:
Case que era a media noite
botei o meu falucho ao mare
pensando que era nordeste,
e saleume vendavale
O vendaval é un vento, un tipo de vento, e o falucho tamén unha embarcación. Vedes a riqueza que hai? E, por último, a última letra que di:
Capitán calquera o é
piloto son os carneiros
quen sofre e fai os traballos
son os probes mariñeiros
Os carneiros, sabedes o que son? precisamente a forma do carneiro, nas olas do mar cando o mar se, se pon un pouquiño bravecho e empeza a rizarse, acaba facendo os carneiros; logo, capitán calquera o é cando os que gobernan a nave son os carneiros. Pois vai logo a foliada de Mariñeiro de Caión.
Arrimadiño a unha pena
púxenme a considerare
Arrimadiño a unha pena
púxenme a considerare
os traballiños que pasa
un mariñeiro no mare
Os traballiños que pasa
un mariñeiro no mare
A traíña vai na pana
e os remos no galeón
e a sardiña vai correndo
para o porto de Caión
lalalá lalalá
lalalala lalala
lalalá lalalá
lalalala lalala
Case que era media noite
botei meu falucho ao mare
Case que era media noite
botei meu falucho ao mare
pensando que era nordeste
e saleume vendavale
Pensando que era Nordeste
e saleume vendavale
A traíña vai na pana
e os remos no galeón
e a sardiña vai correndo
para o porto de Caión
lalalá lalalá
lalalala lalala
lalalá lalalá
lalalala lalala
Capitán calquera o é
pilotos son os carneiros
Capitán calquera o é
pilotos son os carneiros
quen sofre e fai os traballos
son os probes mariñeiros
Quen sofre e fai os traballos
son os probes mariñeiros
A traíña vai na pana
e os remos no galeón
e a sardiña vai correndo
para o porto de Caión
lalalá lalalá
lalalala lalala
lalalá lalalá
lalalala lalala
Autor/a da transcrición: e~xenio