Vai aghora o maneo de Caión, tamén unha vila costeira, ben próxima á Coruña e na que Cántigas tivo moita relación pois moitos dos membros fundadores tiñan alí moitos, moitos bos amigos e alí a recolleron, loxicamente, no ano 25, Xerardo Roque, precisamente, o plateiro coruñés, recolleu este, este maneo. Sinalar, se vos fixades, a pouco que escoitedes a Cántigas, que todas as letras están en galego.
Eu caseime por un ano
por saber que vida era.
Eu caseime por un ano
por saber que vida era.
O ano foise acabando,
solteiriña quen me dera
solteiriña quen me dera
ai lalelo ai lalala
A miña avoíña por noitar no muíño
anda enfariñada morrendo co frío
morrendo co frío cando vai xiada
a miña avoíña meteuse na cama
Á fontiña vou por auga
e ao muíño por moere
Á fontiña vou por auga
e ao muíño por moere
Á túa casa por verte
nunca te poido ver
e nunca te poido ver
ai lalelo ai lalala
A miña avoíña por noitar no muíño
anda enfariñada morrendo co frío
morrendo co frío cando vai xiada
a miña avoíña meteuse na cama
Se soubera que ti dabas
pasadiñas por me ver
Se soubera que ti dabas
pasadiñas por me ver
tamén che (eu) dera palabra
doutros amores non tere
doutros amores non tere
A miña avoíña por noitar no muíño
anda enfariñada morrendo co frío
morrendo co frío cando vai xiada
a miña avoíña meteuse na cama
Autor/a da transcrición: e~xenio