Decides que o matrimonio
é santo e bueno. Seraio;
mais non casou San Antonio,
por máis que o mesmo demonio
tentouno a face-lo ensaio.
Celicios, cantos poder;
penitencias, a Dios dar;
mais santo non houbo, a meu ver,
que dos casados quixer
coa pesada cruz cargar.
Nin os santos padres todos,
de quen tes tantos escritos
e alabas de varios modos,
quixeron naqueses lodos
meter os seus pés benditos.
Do direito, do rivés,
matrimonio, un dogal es;
eres tentazón do inferno;
mais casarei, pois, no inverno
Non ter quen lle a un quenten os pés!
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro