Xurxo Souto: E xa sabedes o que, o que anunciou Monte Alto a 100:
E pra remata-la festa,
canta cantigas da terra!
Moncho do Orzán: Falar, supoño que falar de Cántigas da Terra na Coruña, en Galicia e no estranxeiro é un...é como falar de, mismo das músicas da terra, non? Porque levan representando ou levamos representando a, a esta, a esta terra pois case cen anos, noventa e cinco que vamos cumplir agora o 28 de decembro(...)Puxen un, unha foto de, de Santo André, no ano 1909. É interesante pensar o contexto da Coruña cando nace Cántigas, non? porque houbo un precedente moi importante que foi Perfecto Feixó(...)E, decía que en Pontevedra, creouse o primeiro coro galego que foi Aires da Terra cunha (incomprensíbel) do boticario que foi Perfecto Feixó, alá en 1883 e tuvo de interesante que o formou entre autoridades de Pontevedra, é decir, é decir, é moi importante pensar que era un salto cualitativo que a xente de clase, non tanto economicamente pudiente, senón recoñecida socialmente, puidese e, e fixese o, o aceno, o xesto de poñer o traxe galego e subir a un escenario ou donde fose, a cantar as melodías que eles mismos tiñan, tiñan recollido ou que llas interpretaban simplemente gaiteiros da, da redonda. Ben, pois na Coruña, nesa, nese entonces(...)Era interesante ter as imaxes que para eso a, nos molestamos en(...)
(Incomprensíbel) na, na Coruña que loxicamente de corte galeguista ou protonacionalista, naquela altura, que buscaban definir ao reencontrarse con esa entidade, con esa identidade de, galega e ademais poñer en valor a lingua porque non, daquela non había (incomprensíbel) desaparecera, o 90% da poboación era galego-falante, pero si de que tivese un prestixio social. Hai unha vía, que foi a dos(...)precisamente a que exploraron os coros, galegos, que foi a través da, do, do teatro e da música para as clases populares. Entón, naceu Cántigas, nesta rúa de Panadeiras, no ano 1916, a foto é do 12, pero bueno, enténdase ben o, o caso. E, e naceu pois, nun contexto, tamén, desa intelectualidade que era coñecedora, que xa tivera parado na Cova Céltica, de, desa librería rexional de, de Uxío Carré, na que xa se xestara a Real Academia Galega e mais deu tamén orixen ás Irmandades da Fala. E Cántigas, tamén vai nacer d'aí pois un membro de Aires da Terra, que era Víctor Said, un (bo) recoñecido polígrafo, tanto en lingua galega como española, veu, máis dunha vez á Cova Céltica, e alí tivo a sorte de encontrarse cun músico, que foi Mauricio Farto, que era un vallisoletano de ascendencia galega, polo apelido Farto, que chegara a Coruña en 1902 e ademais con Eladio Rodríguez que sobradamente se coñece grazas a, ás Letras Galegas, entre outras cousas, que xa lle teñen adicado. E desas conversas xurdiu a idea de: Oe! Mirade! Nós estamos facendo isto en Pontevedra, que era Aires da Terra, xa levaba muitos anos funcionando, dixeron: Por que non facedes na Coruña algo semellante? Sumádelle a iso que nese entorno, no que paraba Pondal, paraban todos, absolutamente, a maioría dos fundadores da Academia e mais, e mais moitos socios que despois serían das Irmandades da Fala, deu lugar a que dixeron: Claro que si, coa música e co teatro como ferramenta para crear identidade...Pasamos? Estos persoeiros, por exemplo, que fundaron Cántigas(...)Eladio Rodríguez foi o primeiro presidente pero o secretario foi Arturo Taracido, que a moitos lle sonará, membro das Irmandades da Fala, tamén, e Xerardo Roque que foi o principal promotor, que era un plateiro, plateiro-xoieiro coruñés que ademais escribía artigos fermosísimos na prensa da época e convocou a un conxunto de persoeiros da Coruña e das aforas, (e ademais) neste coro só de homes, primeiramente. Vou dar unhos cuantos, uns cantos nomes, a maiores, que viñeron despois para que vos deades conta da dimensión intelectual que Cántigas tivo. Por exemplo, ademais dos consabidos...músicos por exemplo, ademais de Farto, pois, foi Fernández Amor, director, mui coñecido, autor da foliada que cantaron, que cantou a comparsa Monte Alto a 100; Leandro Pita Romero, Ángel del Castillo, Antón Vilar Ponte ou Manuel Abelenda foron presidentes de Cántigas...Pasamos, logo...Este é o programa do día da estrea, no ano 17, aquelas cousas eran (incomprensíbel) non como agora (incomprensíbel) desde o, finais do 16 hasta a estrea en xuño do, do 17, pois pasaron uns cantos meses, non? Aquí recitouse, este xenial poema de Eladio Rodríguez, que non vou ler enteiro pola extensión, mais si dous, dúas, dúas estrofas pequeniñas. Titúlase "Cántigas da Terra" e pon aí que o leu na inauguración, o propio presidente.
Cántigas melosiñas, meigas cántigas
as cántigas galegas
como ningunhas doces,
como ningunhas tenras,
como ningunhas moles e graciosas,
como ningunhas dondas e tristeiras...
N'elas rebule e vive
todo canto hai de musical na aldea
e todo canto amostra que Galicia
é un pobo dos máis líricos da terra.
Se queredes seguir lendo...Antoloxía poética, editada por Ediciós do Castro. Ademais representaban A festa do Tabeirón, de, de, de Enrique Labarta Pose.
Un exemplo, para min, da relación que tivo Cántigas coas, coas Irmandades da Fala e con todo o movemento, é fácil ver este carné do ano 17, de Xerardo Roque, o plateiro fundador de Cántigas, coa, coa sinatura de, de Vilar Ponte, non? Como interactuaban os distintos sectores dese galeguismo ou protonacionalismo. E ademais, a maioría tiñan o compromiso da masonería, que tan pouco sabemos dela, por a, polo ocultismo, pero tamén tiñan todos esa, esa afinidade.
Ben, pois desa relación cas Irmandades, sae, por exemplo, unha xira que Cántigas fai nos primeiros meses, anos de vida, con Manuel Lugrís Freire e van por toda Galiza representando O pazo, esa comedia, traxicomedia, de, sobre a, sobre a decadencia dos fidalgos rurais, non? Fixádevos no, no, no programa; faise unha representación da obra, neste caso no Teatro Rosalía, en marzo do 18 e a continuación, por certo, se mirades os actores, algún nome seguramente vos sonará, socios da Irmandade, das Irmandade a maioría deles e despois, de segundo prato, un repertorio de foliadas, alalás, cantos de arrieiro(...)Pasamos pois(...)Outro exemplo breve que quero comentar é, foi o da homenaxe a Curros Enríquez, actos organizados tamén pola, pola Academia e, e que deron, por exemplo aquí deran, a, a nota de color, aquí estreouse O quer que lle quer, a espaldas do presidente de Cántigas que non sabía nada de que estaban preparando o Quer que lle quer porque Mauricio Farto fixéralle unha harmonización mui contemporánea para aqueles tempos e, e don Eladio que se rexía pola, polos máis puros cánones do enxebrismo, collérono por sorpresa pero ante o (incomprensíbel) de toda a xente tivo que sucumbir. E foi un éxito, e tanto!
Ben, e volvo un pouco para atrás no tempo, ou non, porque o período das recollas é mui longo(...)Este é o Campo da Leña, un cam[po], bueno, esta zona, máis ben chamada Campo da Forca, a rúa da Torre ao fondo, este é o escenario no que varios dos membros de Cántigas, músicos, vamos a dicir profesionais non no sentido económico porque daquelas non podían vivir da, da música moitos deles pero si profesionais polas, polos coñecementos. Van recoller no Campo da Leña que é o centro neurálxico da Coruña, de, pois de comercio, non? sobre todo e aí vén xente de toda a (incomprensíbel) e aí están todos os saberes concentrados das músicas que eles buscaban porque naquel tempo, ir en autobús, como se vai hoxe ou no coche, imaxinade que era algo imposible ou cando menos, cando empezou a haber autobuses pois deixábante a moitos quilómetros daquela aldea a que tiñas que ir recoller e iban, non había gravadoras, ían cun papel e cun diapasón e a señora cantaba, eles tomaban nota. O Campo da Leña froito de moitas recollas para Cántigas, musicais. A foto non é moi boa, é tirada dun xornal, do ano 47, vemos a Adolfo Anta Seoane, á esquerda, e a Mauricio Farto Parra, o músico vallisoletano que vos falei antes(...)Farto recollía ademais, iba por certas vilas e afinaba os harmonios e entón cando iba a esa vila, desplazábase ás aldeas darredor e recollía melo[días], melodías que moitas están arquivadas na Academia de Belas Artes e que se poden consultar.
E Adolfo Anta tamén foi director de Cántigas, xa nos anos 30, cando Cántigas deixa de ser de, de corte intelectual, única e exclusivamente, e pasa a entrar na masa obreira dos anos 30 que nutre a Coruña e moito mais as Atochas (en) Montealto, claro. E Anta tiña un método que é incon, convinte sinalar que según conta, nos artigos que escribía na Voz de Galicia, ía ao lugar da recolla, o Campo da Leña, poñamos por caso...coñecía a unha persona ou presentábanlle a unha persoa: leiteiras, piñeiras, o que fose e recollía a, a melodía, tomaba nota e marchaba. Cando volvía á terceira, volvía e pedíalle(...)era el quen lle cantaba á señora ou señor para comprobar que os datos estivesen ben recollidos. Hoxe en día vamos ca gravadora, grávase esa toma, sexa boa ou sexa mala.
Aquí tedes un exemplo do que temos no arquivo de Cántigas, como é o, canto de, un canto de arrieiro de Tenorio. Fixádevos, feito todo...escrupulosamente a, a pruma...i a exactitude, por certo, os documentos oficiais estaban en español, por circunstancias tamén da época, mais isto, o, o interno estaba en galego, xa daquela. Na festa galega que con motivo da festa de Galicia celebrou (incomprensíbel) no teatro Rosalía de Castro o 25 do mes de santiago do ano 22, neste caso, foi a estrea da peza, firmada por, polo músico e primeiro gaiteiro de Cántigas, Fernández Montes. Por certo, (vexo) un petisco de interés: Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, tamén Cántigas tivo relación coa
Sociedade de Arqueoloxía de Pontevedra.
Pois xa, co movemento obreiro nos anos 30, encontramos, por exemplo, esta marabillosa foto de cando van a Cataluña. A, a excursión a Cataluña. Como había que subirse, eh? Porque Barcelona non se moveu do sitio, sigue estando á misma distancia. E foron parando por moitísimas cidades españolas ata chegar a Cataluña e alí, foi o acto central, no que recibiu Companys e no que Cántigas devolveu unha corbata que xa Cambó, Cambó, o político catalán, regaláralle a Cántigas xa, un estandarte e unha corbata; a corbata devolvéronlla porque dixeron que pertencía ao pobo de Cataluña, en, en honor(...)e Companys deulle outra nova que a gardamos no, no, no arquivo.
Ben, despois da guerra, sinalar(...)Esta é unha foto do ano 40...sinalar que Cántigas, eh, sobrepasa con boa nota a transición dura de, e repentina, non? dunha, dunha guerra fraticida e, e que matou a varios dos membros, por a súa condición, precisamente, do que falamos antes porque hai que recoñecer que tamén había, por suposto, nese movemento obreiro moitos anarquistas, moitos(...)de calquera cor mais non do bando vencedor. E con todas as dificultades, no ano 42, cando se establece a, a Sección Femenina, eles néganse, Cántigas daquela altura, négase a entrar na Sección Femenina, supoñede o que significa aquelo, claro, xa con xente, máis ou menos, pro-réxime, o presidente era Bugallal Marchesi pero, dentro do malo, foi un gran(...)Dice: No, no, nós somos independentes. Nós para todo somos independentes. Isto é unha boa proba diso(...)Ah, si! A parella de gaiteiros, Emilio Corral, inda vive, e xa non era un rapaz nesa foto, no ano 40. Ten cento un anos.
Avanzamos no tempo, anos 50, e aparecen as(...)si, este é Emilio Corral tamén(...)e aparecen as primeiras, o sea, non as primeiras gravacións porque a primeira gravación é do ano 21, ollo con iso, e (que) se monta no 28 pero despois veu unha voráxine de gravacións nos anos 50 e 60, de singles que se espallaron coma rosquillas por toda Galicia e que grazas a iso, moita xente volveu, o pobo volveu a ser receptor desas músicas que eles mismos recolleran, que ese é o principal cometido de Cántigas e dos coros galegos, que o pobo, a xente volva a cantar(...)porque temos moito a teima de, de pensar que a xente vai ver un espectáculo, ponse no escenario, marcha e mira que bonitas as pezas pero se non, se a xente non as canta, se non (incomprensíbel) devolución á xente, o proceso non está rematado. E moitas veces sempre fican aí os grupos de corte folclórico, sempre(...)que fica aí a cuestión e nunca retorna ao pobo como debería ser.
Xa acercándonos máis, por poñer uns petiscos pequenos, o ano 81, a viaxe a Bos Aires, á Arxentina, un coro ben nutrido, aí na...no centro, a avenida...si, efectivamente. E xa por poñer un, un último detalle, o ano pasado que estivemos en Lorient, Cántigas estivo moitas veces en Lorient. Por falta de tempo, pido desculpas, non trouxen ningunha foto de Lorient que debería ser de xustiza pois Cántigas xa estivo, primeiro en Brest e despois en Lorient. E aquí volvimos, bastantes anos despois de ter estado xa varias veces.
E como broche final, penso que é xusto poñer unha pintura de, de Manuel Abelenda, tirada, posiblemente, calculo que desde Mera, non? Aí os homes do mar, diranme millor desde onde está tirada a foto(...)a, tomada a pintura...pero vese a Coruña de noite, non?(...)Do último presidente que, por certo, tivo que fuxir cando, cando a guerra. Foi o último presidente da República en Cántigas e fuxiu. Bueno, pois vai por Manuel Abelenda tamén este recordo sinalado.
Autor/a da transcrición: e~xenio