De timoeiro na ponte
no compás mantendo o rumbo
navegamos por Fisterra.
No costado os compañeiros
ollan para a nosa terra.
Biscan Cabo Corrubedo,
o Pindo, Louro, a Fisterra,
A Nave e mais Touriñán,
o Vilaño e o Roncudo.
Aló, no fondo da ría
tamén ven as nosas vilas.
Vexo os pinos e o verde
recendo o aire da terra,
vexo o ocaso do sol
o solpor da nosa terra.
No caletre teño o pobo
no que a miña xente espera,
A compañeira e os fillos
os pais e mais a taberna,
corredoiras e camiños,
camiños da miña aldea.
Rumbo levamos de Bremen
donde a min ninguén me espera.
Coas bágoas nos ollos
miro na popa a esteira,
seguimos proa de norte,
tan lonxe, pero tan cerca.
Autor/a da transcrición: e~xenio