Xurxo Souto: Subimos á Torre de Hércules, os terrícolos, as terrícolas e vemos augas, só auga, marabilloso e enchemos o corazón de lendas pero, o percebeiro, xa o dixo Milucho, ve a Rabaleira, o Xenrei, o Xogadoiro e este home, Luis Dopico, ve As Acentes, ve As Tousas de Leste, as Tousas de Vendaval, Os Abarracidos, As Lobas pra a parte de Caión, a riqueza infinita das leiras do mar da Coruña. Por favor, un aplauso pa Luis e fálanos desas, desas augas Luis.
Luis Dopico: Buenas tardes...primeiro, igual que Milucho, o noso non é a palabra, non é o forte, por iso pido disculpas e mais sobre todo despois de ler aí lingua galega e...non é o meu forte falar en galego, ahora, falo o que falamos sempre no mar, e eso creo que é(...)como me dixo Pilar: Luis, o idioma non é mal falao, o que falas, é o que non se fala. Eso foi o que me dixo.
Bueno...unha ves se me ocurreu, (es)tando con Suso, estar aí na Torre...Suso, ti que ves aí? e Suso me dixo: home, pois vexo aghua, vexo o mar, vexo as rocas. E...foi...a palabra que antes dixo, dixo: pois eu vexo as leiras...e por certo, por certo, que mas están destraghando (incomprensíbel) eran os tempos do Prestige. E dixen, mas están destraghando e entonces a raíz d'aí Suso pois sempre me chama para facer cousas, como cando fun a da-las charlas polos colegios de toda A Coruña, pa explicarlles o que é o daño que estaba facendo e por que facía daño aquela cousa neghra que andaba polo mar. (É) complicao explicarlle a un neno de cinco, seis anos o que é, porque o primeiro que che preguntan como mariñeiro: Eh, cantas ballenas pescou usté? Xa me diredes como lle contestas a eso. Pero bueno(...)hondando no que dice Suso, claro que os mariñeiros, por deformación do noso cerebro, cando miramos o mar vemos outras cousas...Milucho díxoo moi claramente o que el ve, e nós, os mariñeiros que temos(...)eu tuven un barco de pesca, un palangreiro, de fondo...temos que conocer o mar, o noso cerebro ten que ser igual que unha computadora, cada vez que te pos no puente pa largar, tes que saber o que hai (aí) debaixo e...son moitos quilómetros porque, por ejemplo, unha tira de palangres...(es)tamos falando de 12 quilómetros que hai que [co]nocer metro a metro, con todo, todas as reviradas, picachos, beiras e...xa que non se che ocurra larghar (a lorcha), esta palabra, ao millor, sona así un pouco raro, dicimos a lorcha cando se larga (a raente) do golfo que queda en seco e eso lle chamamos a lorcha porque se crían os lorchos alí, eso é largar á lorcha. Vaia, vaia metura que me metiches Suso, (vai) a ver como salgo eu d'aquí!
X. S.: Estamos aprendendo moito, mestre.
L. D.: Bueno e, e historias do mar...claro que todos temos nombres...el xa falou de varios...Barracidos, podemos falar do Carpancho, a Pedra do Cabo, po[demos], aquí mismo aí temos o Cabanés ou podemos mirar aí ao la[d]o pa man izquierda está a Cota...pero eso non creo que teña máis alá da importancia.
X. S.: Eu creo que ten moita importancia porque...tanto falamos de coñecer ben A Coruña, e resulta(...)Por exemplo, de pequechiños vía as películas de vaqueiros, sabemos todo do Far West e non sabemos nada, desta, desta outra Coruña que temos diante. Polo menos saber como se chaman eses mares e que pescades aí.
L. D.: Claro, no, por eso eu...cando falamos das leiras do mar, é dicir, (incomprensíbel) leiras, si, si porque ti nunha leira (incomprensíbel) leitughas, noutra plantas patacas, noutra plantas ceboliños, noutras zanahorias e nós non plantamos pero se cría e chamámoslle leiras do mar. Nese (incomprensíbel) ves aquel picacho que sale alí, aquelo que é? abadexos; e mirei para unha beira máis afora, aí pa fóra do Carpancho e dixen: ves? aí se crían os besugos; mirei pa (atrás), ves? aí se crían os congrios; mirei p'aquí pa a izquierda, pa Torre, ves? aí, aí na baía, aí se crían os polbos e as nécoras...é dicir, e así (incomprensíbel) psiquicamente...a palabra xa dixen que non era o meu forte.
Pero, me gustaría contar que...falamos de...moito de que a xente que morre e todo eso, eu me gustaría máis falar de vida porque estou falando de vida, estou falando de leiras, de vida, algo que dá vida non...porque a morte, claro que todos pasamos no mar(...)Serafín contará(...)alá no Gran Sol, inda que eu discuto con el moitas veces, digo: pois o noso mar non ten nada que envidiarlle. Sinón donde máis accidentes se producen da terra é o noso mar. Pero bueno, eso despois entramos nese debate, Serafín. Quero dicir con eso que claro, e tamén pasei as miñas e tuven os meus conflitos (incomprensíbel) por osado que era eu...tiña unha(...)xa empecei que Suso quizá quere que fale deso...cando empecei a andar co meu pai nunha buceta e aproveitábamos porque daquela os tempos eran máis estables...inda que lles parezca mentira eso do cambio climático é certo, é certo. Os tempos eran máis estables, daquela...aquí, a, a nosa baía(...)e polas mañás, a primeira hora, baixaba a friaxe que lle chamábamos (da) Pasaxe e tal e baixaba cunha brisa que era de sur e aproveitábamos, montábamos un cacho de trapo con unha cunha vergha así atravesada, poñíamos o remo como si fora o mástil e nos iba levando, alí íbamos e pois sinón a remos, non podíamos cheghar alá ás Ghaveiras a traballar. E claro, á volta, pois á volta tamén porque os tempos eran estables, xa daquela, reinaban sempre os nordestes ou os lestes e canto máis viña (caendo) á tarde, máis afrescaban e víñamos correndo con eles despois pa terra; esa era a, a forma que tíñamos de andar (o) noso mar, polo (conocemento) que tíñamos de, de todas estas fruxos de corrientes, ventos e todo eso.
Eu me acordo unha anécdota que che me ocurreu unha vez cando empecei xa, recién casadiño, tiña unha embarcación(...)porque(...)pequena, unha chalana de 5 metros cun foraborda, imaginaros, de, de 5 cabalos, algún que (ahora) que está por aí dirá: Me cagho la mar Luis, ti con 5 cabalos cando (agora) andamos con 90 e 80 e nos parecen poucos. Pois si, con 5 cabalos e alá me fun pa Os Cabalos a Prior. Tamén alí en Prior hai unhas pedras que lle chaman Os Cabalos, igual que hai aquí; por certo, esas si, esas si que son bravas, son bravas, de verdá; aí Milucho sabe que tamén hai bos percebes. E se me ocorreu ir pa traballar p'alá. E, joder!...pero...claro, non había como hoxe que escoitas o parte e sabes todo. Alí me vén unha tormenta, do noroeste que che colle(...)de proa pa vir p'aquí con aquela chalana, aquel foraborda que cada vez que hai que ir (incomprensíbel) puf! salseiro afoghado. Bueno, pois estuven tres días metido nunha furna que lle chaman A Cova. Veu o helicóptero buscándome, tres días e(...)esto vén polo chiste do gallego que si somos(...)tercos(...)que eu, non era que non podera saltar pa terra, non era que non podera dicir onde estaba e que eu non queira perde-lo peixe que tiña abordo!
E cando perdín o(...)cando o peixe empezou a cheirar, tirei con el e chamei(...)mirei pa terra e teño que dar as gracias porque ese home (es)tuvo pendiente de min, lle chaman 'O Parroquias', d'alá de Covas, eu falo de nombres(...)Chamo O Parroquias, dixen bota a ghrúa p'abaixo, sube a embarcación e xa me levou pa súa casa dormir...Gracias.
Autor/a da transcrición: e~xenio