Unha noite no muíño
Ai! Unha noite non é nada
Unha semaniña enteira
Ai! Esa si que é muiñada.
Moendo, moe que moe
moendo, moe que moe
Unha mañán de xiada
Moendo, moe que moe
moendo, moe que moe
Esa si que é muiñada
Señora María, Señor Manuel
Castañas asadas e viño con mel
e viño con mel, e viño con mel
Señora María, Señor Manuel.
Esta noite fun ó muíño
cun fato de nenas novas
elas todas en camisa
i eu no medio en tirolas
ailalelo ailalelo
Señora María, Señor Manuel
Castañas asadas e viño con mel
e viño con mel, e viño con mel
Señora María, Señor Manuel.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro