Unha...un mito unha lenda ou como queramos chamarlle que é o de Durmideiras...que era o primeiro...dicen, dicían, que era o, a primeira ara, o primeiro altar que tivo a relixión pagana en Galicia cando aquí chegaron os...os que chegaron, que non sabemos quen foron, pero que pode ser que foran os, os celtas, os que chamaban celtas e...chegaron aquí...dicen que desembarcaron aquí en Durmideiras. Había un socio do Club do Mar que é un socio de unha familia, que foi mui importante dentro da historia do Clube e ten tamén dentro da historia do barrio, que é a familia de Otero, un...amigo que era Manuel Otero, que decía...e que estaba absolutamente convencido, de que o de...o altar de Durmideiras que era unha realidade tanxible, non? i dicía incluso: Mira, aquela pedra que está alí non é que sexa plana porque(...)pola acción do mar e porque a, a deixaron así os antergos porque era donde facían os sacrificios etc. E el estaba(...)tiña catalogadas as pedras en(...)tiña...unhas relacións escritas de aquí hai esto, aquí hai outro, bueno, en fin, que era algo que se transmitía (incomprensíbel) se transmitía de...xeneración en xeneración porque hai outras persoas que tamén (incomprensíbel) falaban do mesmo, decían o mesmo o de Durmideiras, o de Durmideiras(...).
Teño aquí un libro que hai un relato(...). É o libro, este é o libro Ardencias, de Manuel Lugrís Freire, que ten unha adenda en texto, é poética, é poeta, é poético o libro é unha(...)son os poemas pe(ro) ten unha adenda e unha delas é a lenda de Brigo e fala precisamente d'aquí, de Durmideiras, dese, dese espacio mítico que se crea, non, non simplemente o mito porque si falamos do mito, claro, o mito é unha cousa concreta i exacta que(...)é dicir, esto foi así (incomprensíbel) non, o espacio mítico é unha cousa distinta, é unha cousa que vai unha grada/ gradación na que o(...)as (incomprensíbel) digamos intelectuais van afondándose máis e mais e que forman xa entonces ese conxunto que, realmente, non...non hai que tomalo ao pé da letra, pero si que dan unha idea, nos dicen: pui/ puido haber algo de real en esto, non? i el, pois aquí en(...)dice que aquí aínda, aínda as terras de Galicia dormían o sono das cousas que acababan de se faceren e envolto nunha vestimenta marabillosa de piñeiros, toxos, silvas, fiunchos e outras vexetacións vernáculas, entonces di que...hai trinta anos que chegaron aquí os...os pobos celtas e que...dicía que polo Quenlle que separa a costa firme da baixa illa(...)nomeada Hesperium, que pasados algúns séculos asolagáranse deixando no seu lugar as Xacentes; as Xacentes sabedes o que son? que son eses baixos que están aí, enfrente da Punta do Gancho de...aquí de San Amaro, un pouquiño máis metidos ca...alá, alá o...fondo, o fondo da ría pero que tuveron tamén seus, seus naufraxios, e as súas cousas como o Urquiola, non? por exemplo. Bueno, entón...o que dixo...o que di el aquí na lenda esta é que chegaron e fixeron o primeiro lubre da terra nai, e dicir, o primeiro, digamos, altar de sacrificios, non? aquí nas, nas terras de(...)nas laxes, nas laxes de Hermes, que lle chamaba el, as laxes de Hermes eran as pedras de Durmideiras, non? e...e dice que...bueno, que fixeron eso e entonces rubiron cara ao...ao promontorio da Torre de Hércules e que fixeron un faro e posteriormente o...o fillo de Brigo, pois partiu cunhas naves de coiro e aquelas (vedas), velas cuadras que lle chamaban, non? para conquistar Irlanda que eso é tamén unha, unha lenda (en) mito que se corresponde moito ca xente deste barrio... Eu recordo cando era...máis novo que si, que había...pois xente de, de, d'aquí do barrio que dicía que si d'aquí saliron os, os, os poboadores de Irlanda e tal...e que dicía de que, dicían de que na Antigüidade, desde o punto máis alto da torre que se vía, nos días claros, as costas...da verde Erín, de Irlanda, o que non é verdade, claro está.
Bueno, en fin, esto todo (o) que dixen...o da lenda de Brigo máis que nada para facer así un pouco de...digamos de, de...reenvoltura poética de todo...é a historia do Clube do Mar...que é esto que vedes aquí, e que moito costou levalo a diante pero que esperamos que co paso do tempo inda pois sigamos...traballando nel, sigamos facéndoo máis grande e que siga sendo o acobillo de todos e de todas as xentes de Montealto, que non quere decir que non sexa tamén doutras xentes doutras (incomprensíbel) da cidade e doutras e doutras zonas do planeta, non? Pero bueno, fundamentalmente, evidentemente pola proximidade é d'aquí da zona de Montealto.
Bueno pois moitas gracias e nada máis, non teño (moito máis que dicir).
Autor/a da transcrición: e~xenio