O do Club do Mar si que é unha cousa interesante facer unha introdución...digamos...someira pero intensa, dentro da, da súa (brevidade) porque o Club do Mar é consecuencia de algo que xa había en este barrio que era un, un gran, un gran movemento asociativo que estaba vinculado con as asociacións e con as sociedades, digamos, de tipo liberal, de tipo, de tipo político avanzado, librepensadoras se chamaban en aquela época, etc, etc, como era o movemento anarco-sindicalista que había na zona da rúa de San José, en(...)no Campo Artillería, e despois na, na zona das Atochas tamén e, en fin, ese foi o núcleo que sementou, evidentemente, o nacemento do Club do Mar porque no Club do Mar naceu na época da Segunda República Española en esta zona, unha zona que era mui interesante desde o punto de vista histórico, inclusive, porque había unha serie de mitos que se sucedían no tempo, como o que posteriormente falarei del, tamén se decía, de que o xeneral romano Julio César, o Xulio César, que metera o seu cabalo, seu cabalo aquí nas augas de San Amaro para dar a entender que chegara ao límite, ao Finisterrae de(...)do mundo coñecido entón, o cal, non, evidentemente, non é certo pero bueno, é unha, é unha aproximación ao que podía ser a realidade, non? Pero...tamén hai un feito que si é moi bonito e mui emotivo na historia de San Amaro que é a morte, a morte por asolagamento, no ano(...)creo que foi 1842, do poeta Aurelio Aguirre Galagarra, que como sabedes é un poeta de o Romanticismo galego, importantísimo, que participara no fam/ famoso Banquete de Conxo, foi un dos, dos verdadeiros adalides de aquela(...)xunto con Pondal e compañía, non? en aquel, aquel banquete de(...)tan importante que houbo na vida, tanto social, como incluso artística e cultural de Galicia e que tamén estaba mui relacionado con Rosalía, con a que tivo pois unha serie de concomitancias de tipo artístico e poético que [son] de todos coñecidas pero que, claro, non puideron chegar máis alá porque morreu aos 23 anos de idade e claro, a esa edade pouco, pouco se pode facer, solamente tiña unhas, unhas serie de poesías que foron despois recollidas, anos máis tarde nunha, bueno, nunha edición especial que fixeron uns amigos etc, etc, etc. Pois este poeta morreu aquí, na praia de San Amaro, i, eh, houbo un verdadeiro cortexo de(...)fúnebre dende a parro/ a capela de Santo(...)de San Roque que había aquí na, no Campo da Leña no que hoxe [é] praza de España que a levaron a Santa Lucía para soterralo e que foi un movemento de xente, un movemento cidadán importantísimo de todo(...)non só de a(...)da intelectualidade sinón incluso do pobo coruñés, non?
Entón nese ambiente, digamos, histórico con evocacións de todo este tipo, tanto culturais como políticas, de(...)que había en San Amaro, o Club do Mar, naceu, volvo a decir, nese ambiente da Segunda República Española, no que todo iba pra novo, todo soaba como que era unha promoción da, da clase traballadora para elevarse dentro de certos de, dos, dos límites estreitos que tiña ata entón pois establecidos a, a propia sociedade que, que era(...)que o encorsetaba a clase traballadora. Entón o(...)un dos(...)dos motivos fundamentais para fundar o club non foi só o movemento asociativo que decía eu sinón que houbo outro que é(...)tamén que(...)un motivo moi importante que era a hixiene. Eran as casas do barrio, casas antigas, casas realmente con(...)carentes de servicios, de servicios hixiénicos, non había duchas, non había baños etc. e, cunha simple ducha que tiñan aquí(...)que era un(...)unha canle de, de(...)que viña dun manantial e que formaba unha pequena ducha alí no, no edificio primitivo, pois eso deu lugar a que a xente pois tuvera, polo menos, unha(...)abertura a certa, a cert/ a certas prácticas hixiénicas que non eran posibles coa vida que levaban(...)entón nesas, nesas casas do barrio, destas antigas, desas casas que xa estaban, incluso, obsoletas en moitos dos casos. O Club do Mar naceu así pero claro(...)eran todos...eran persoas que, volvo a repetir, tiñan anceios de, de elevarse, de promoción pero veu a, a guerra civil, que como todas as guerras civiles son unhas guerras crueles, unhas guerras que son mui, mui patéticas para, para o conxunto da sociedade e...arrasou completamente a, a propia vida do clube, incluso houbo algún...algunha, algunha persoa asesinada, non? como, como Pedro Galán Calvete que todos(...)o coñecemos, outros exiliados como(...)ou porque era secretario, Manuel Sánchez Liñanes que tuvo(...)que fuxir a Francia e logo, bueno tivo alí unha serie de, de problemas con as forzas alemanas cando invadiron Alemania ou(...)perdón, cando invadiron Francia etc, etc. (Incomprensíbel)houbo moitos(...)incluso condenados a morte que bueno(...)que foron despois directivos do Club do Mar porque non os, non os mataron, evidentemente, que conseguiron eludir a execución e...aquelo foi algo que afundiu totalmente a sociedade, a eliminou, casi aniquilou pero no ano 1939, a pouco de rematar a guerra pois se reuniron de novo os supervivintes de, da fundación e vol/ arrefundaron o clube para poder conseguir eses ideais que tiñan dentro, por suposto, da problemática situación en que se achaban en aquel momento que era o de unha dictadura difícil de sobrelevar, non? pero, dentro desas dificultades pois foron traballando e chegaron ao que, ao que estamos hoxe aquí que nos sería un pouco máis largo de contar todo o desenvolvemento desta, deste, deste clube hasta agora porque claro, son muitos anos, son moita(...)son sete lustros, non, perdón, son quince lustros, non? entonces son mui(...)sería mui largo de contar.
Pero no(...)o club do mar, volvo, volvo a retrotaerme un pouco ao pasado, non só está como, como unha sociedade cultural, deportiva, recreativa sinón que é un pouco o núcleo, digamos fundamental, donde se compensan ou compendian todo o que significa o club do(...)o barrio de Montealto. Este barrio que é o barrio máis significativo da Coruña porque é o barrio orixinario da cidade-porto que aquí es/ temos a torre de Hércules que é o símbolo, é o símbolo civil de Galicia como a catedral de Santiago é o símbolo relixioso de Galicia, o que pasa é que o símbolo civil, evidentemente ten que ser anterior ao símbolo relixioso posto que o, o cristianismo naceu hace dous mil anos e a torre de Hércules ten xa dous mil e pico ou tres mil ou catro mil, non sei. Bueno, en fin, que...que a torre de Hércules sexa o símbolo civil de Galicia é mui importante porque eso quere decir de que temos unha(...)un espacio mítico que(...)ao que temos que recurrir moitas veces para conformar ou informar o que somos como pobo, como nación, o que somos como colectivo, como colectivo(...)non só como colectivo humano sinón como colectivo intelectual, non? Galicia non é só, non é so, unha extensión de(...)territorial ou unha extensión de, de compendio, de(...)digo humano sinón que é algo máis, é unha(...)é un(...)unha, unha conformación intelectual que o traspaso do tempo nos leva desde(...)a esa mítica que evidentemente, non pode tomarse ao pé da letra, pero que si ten unhas connotacións que nos informan como o pobo e como nación.
Autor/a da transcrición: e~xenio