Arrincando no esterco alá por abril
unha noite escura á luz do candil
o teito era baixo, o carro era vello
non me remexía naquel cortello
Fóra iba frío e tamén chovía
na arrinca do esterco da tía María.
Fóra iba frío e tamén chovía
na arrinca do esterco da tía María
Rock, rock, rock
rock, rock, rock
rock da arrinca do esterco do labrador
Arrincando no esterco un día de verán
ás tres da tarde i o sol a rabiar
que súa que súa, ai que diaño
xa non podía nin co picaño
Me cago no mundo, me cago na tos
a arrinca do esterco en Gundivós
Me cago no mundo, me cagho na tos
a arrinca do esterco en Ghundivós
Autor/a da transcrición: e~xenio