Xa fai días Virxenciña
que ofrecerche quería algo
mais non encontraba que
hasta que un día
cando viña cas vaquiñas do meu prado
vin alá nas corredoiras
unhas poucas margaritas.
Alá fun nun periquete
pra traerchas hoxe eiquí.
Bonitas son, verdade?
Pois tómaas Virxe María
e toma tamén con elas
o meu pobre corazón
moi cheo de fe e de amor.
Pero, ti ben sabes
que o galego se dá, tamén pide.
Eu galeguiña che son
i eiquí me tes dispostiña
a soltar o repertorio.
Eu pídoche por España,
e tamén pola maestra.
Acórdate dos meus pais
e das miñas compañeiras.
Sin olvidar a ninguén,
pídoche por toda esta xente
que lle fagas moito ben!
Autor/a da transcrición: e~xenio