I a Rosiña do Estanqueiro
era unha tal costureira
i un día estaba cosendo
no cuartiño da palleira
I Anselmo da Vilanova
que era o rapaz que ela tiña
foise por tras dun reixado
por ver o que ela facía
Rosiña estaba facendo
unhas braghas e un sostén
foinas a probare ao cuarto
por ver si lle estaban ben
I Anselmo estaba mirando
xa non se tiña de peie
e díxolle á Rosiña
que pernas tan ghuapas tese!
I arrenéghote i ao demo
que te trouxo por eiquí
mala sarna te persigha!
Que colorada te pose
moi verghonzosa pareces
pois se nos imos casare
inda chas hei ver máis veces
Non te poñas tan toliño
xa te podes convencer
que mentras estea solteira
non mas has volvere a ver
Selmo non tiña pensado
de casare coa rapaza
porque non lle tiña dote
non lla querían na casa
I así que lle viu as pernas
xa cambiou de parecer
que dote nin que centellas
o que vale é ter muller!
I o día tres de setembro
na capilla do (anexo)
por un si que deu Anselmo
entrou libre saliu preso
Cando saliron da ighrexa
díxolle o cura ao Anselmo
aghora tes quen che quente
as canelas no inverno
Falta me fai señor cura
moito lle levo sufrido
durmir solo no inverno
é bo pra morrer de frío
E contestoulle a Rosiña
desde a porta enfadada
pois a ustedes señor cura
tamén llas quenta a criada
Tiveron a ghrande voda
i a estilo daquel lughare
chamaron aos convidados
e os ghaiteiros pra tocare
Bailaron a muiñeira
fóronse con sol á cama
si Anselmo o facía bene
ela seica lle ghanaba
I aló pola media noite
Enselmo quedou durmido
e dicíalle Rosiña
despértate, meu marido!
Tantas ganas que lle tiñas
xa paraches, meu danzante
cando hoxe estás cansado
que farás pra máis pr'adiante?
Autor/a da transcrición: e~xenio