Reigosa, don Antonio, méteme nun compromiso grande por esto de subir ao Museo de Lugo, alá á primeira planta, e sin comelo e sin bebelo, Agustín Lorenzo Varela de Temes, recordándoche sempre iste meu(...)non paisano, paisano tamén é teu, meu viciño, a dous quilómetros. E pra min é problemático falar de todas istas caras temibles que hai por aquí, sobre todo, e don Agostiño o Temible, como dicías ti ao principio, o temible temeroso, xente de maldizer e de maldecir(...)Tócame falar de, deste home que fixen eu uns apuntes e(...)El era natural do pazo de Sabadelle, que inda existe este pazo con grandes blasóns, capela, grandes salóns, vido, vido a menos. I este bispo, Agustín Varela de Temes, bispo de Salamanca, naceu na pazo de Sabadelle en 1777 dunha familia(...)o seu pai fixo grandes riquezas, un gran terratenente, que(...)e abarcaba varios, varios apousentos da, da Ribeira Sacra(...)Sabadelle é unha ribeira que parece, é ribeira que parece unha península rodeada do, do río Miño, i o pai del era, era moi rico, o avó del era da casa de Tor, por eso el está eiquí, hai outras iconografías alá polo salón d'abaixo que el mandou desde Salamanca e Agustín Varela, Agustín Lorenzo Varela de Temes, o, o pai del, fixo toda[s] as riqueza[s] na época de Floridablanca, aquel conflito enorme que tiña Galicia de non pagar tributos, pois el fixo toda[s] esas riquezas, hasta o punto que o, o pobre señor, digo pobre señor porque na época de Godoy foi, foi nomeado ministro de Mariña, ministro de Mariña un tipo do centro e solamente conocía as barcas de Porto que cruzaban o Miño! Fíxense ustedes que tremendo non, pr'aquel home!
E conta Filgueira Valverde nun dos, dos seus libros sobre os pazos, que en 1803, o pai deste señor, do reverendo señor, fixo un convite a tódalas casas ricas que tiña parentesco (ou) non tiña parentesco e xuntáronse unhas 300 persoas e, dice Filgueira Valverde, que tuvo alá platos exóticos, do país etc e cando estaban comendo, uns excriados que conocían o cofre, rouban o cofre e escapan con el. Debeu ser unha cousa tremenda pra, pra o, po pobre señor, non?
Na época de Fernando VII el era fernandino, é decir toda a familia, como a familia de Tor, todos estes personajes que vemos por eiquí eran personajes completamente reaccionarios, do máis reaccionario, de Carlos IV, de Fernando VII, hasta o punto(...)el tiña irmaus na milicia, como tamén eiquí hai cuadros, por alá dentro, da, de xente da milicia e tiña dous irmaus na milicia e tiña un irmao que foi coengo da catedral de Santiago que está enterrado no, no claustro da catedral de Santiago. El tamén fixo a carreira, a, eclesiástica pero unha carreira galáctica, non? Foi cura-párroco de San Esteban de Ribas de Miño que os de Chantada chamamos Ronfiz, estuvo alí dous anos, marcha pa Santiago, Santiago forma parte do Cabido, do Cabido pasa a coengo de Lugo e foi unha familia, xuntamente, o pazo de Sabadelle co Pazo de Tor que estaban emparentados en 1821(...)1821-1823, estamos falando do Trienio Liberal, conspiraron contra o liberalismo, conspiraron contra o liberalismo, el desde, desde a iglesia e cando se mutilou o Trienio Liberal, en 1824 dánlle a vacante de, de Salamanca. Non é consagrado, en, como bispo en Lugo sinón que é consagrado en Madrid, en San Francisco el Grande, de triste recordo aínda que era San Francisco el Grande donde o, o perenne caudillo facía alí as súas ceremonias, xa eso viña de, d'atrás etc. Entonces, non asiste Fernando VII pero asiste toda a familia de Fernando(...)VII e asiste tamén todo o goberno real, non?. E, Salamanca era unha ciudá moi movida polo liberalismo da época, no Trienio Liberal e mandan un carca, como é o meu veciño pra dominar toda aquela situación, si, é verdá. Tiña tanta influencia, tiña tanta influencia que ao, ao coengo ou camarlengo del, o fai obispo de Jaca e rapidamente cardenal-arzobispo de Santiago, estamos falando de Miguel García y Cuesta que era salmantino i a un parente dil porque esta casa tamén estaba(...)emparentada ca famosa Casa de Buciños, que é outro pazo enorme, i un parente del era Juan Antonio Riva de Leira, parente del, que o(...)nomea(...)obispo de Valladolid. Era, tiña cargos(...)pertenecía ao Consello do Reino etc, etc.
Bueno vou dar un salto, estou estendéndome moito, non? Vou dar un salto na historia, entonces, el destácase tamén, en, de 1825-26 obliga a todos párrocos de Salamanca ler unha longa pastoral, unha longa pastoral que era sobre o ano santo romano de 1826 (e)por orden do Papa León XII. Hai moita historia en Salamanca(...)Pero hai unha historia emotiva co pazo de, de Sabadelle. O pazo de Sabadelle no, no libro de, de fábrica da parroquia de Sabadelle consta que el manda bastante diñeiro e dícese: 'Para adecentar esta iglesia'. Entonces os de Sabadelle vense con tanto diñeiro, o párroco tamén e tiran...abaixo...unha iglesia románica e fan unha iglesia que é unha(...)parecida a unha catedral, en miniatura pero para eles daquel tempo era(...)estamos falando alá do 1840 algo porque el morre aos 72 anos en 1849. Manda ese diñeiro, mándanlle unha, un, un dibuxo daquelo i el leva un gran disgusto porque tiñan eliminado aquelo i el preguntaba: Y la pía bautismal en donde recibí los santos sacramentos del bautismo? Bueno pois tiña ido todo e negábase xa de ir a, a Sabadelle. Pero ademais regalou unha reliquia, un óso pequeniño de San Xoán de Sahagún que, San Xoán de Sahagún foi un canónigo de, de Burgos, i é patrón de Salamanca, San Juan de Sahagún é o patrón de Salamanca i el regalou un óso nunha urna pequena que os de Sabadelle inda teñen e teñen unha festa que lle chaman a Santa Reliquia que se celebra o 12 de xuño de, de, de cada ano. Unha reliquia, donde iban, especie Corpiño mais en miniatura, en donde iban a xente pa quitar os tangaraños, o, o, o demo, as bruxerías, todo, todo esto, non? Pasaban por diante, pola carretera por diante da miña casa. Recordo alá polos anos 50 que incluso iban toliños atados pa bicar(...)atados con cordas pola cintura, berrando, daban berros e todo eso. Entonces, Varela de Temes, a intentona del é de facer un gran santuario e iban, pola zona, é decir, en vez de ir aos médicos pa sacar depresións pois iban á Santa Reliquia e ao millor calmábaos por unhas horas.
Pois eso foi un personaxe tráxico na nosa Galicia, a nosa Galicia sempre tuvo estes esperpentos, esperpentos ligados sempre ao poder que dominaban desde outras, desde outras partes etc, etc. Prohibido falar de política, non?
Autor/a da transcrición: e~xenio