Nada, esto pois é o que vos comentaba antes cando botamos un par de pezas deste, deste día que estivemos aí na Alén e, e bueno, pois foi un dos nosos, das nosas xoias, do, do que é o noso arquivo de tradición oral do Tear de Llerena e, de feito, tres pezas, tres cantigas destas mulleres, gravámolas na, na nosa primeira gravación que se chama Jennifer. E bueno, que vos vou contar, vós xa sabedes como é, como é isto da, das recolleitas de tradición oral e estas mulleres son un encanto e cantáronnos e tocáronnos todas as veces que fomos alí, que xa foron unhas cantas, o que pasa é que xa había tempo que no nos viamos. E bueno, respecto da tradición oral, da literatura de tradición oral pois ben sabedes que o canto está ligado intimamente i case ineludiblemente á tradición oral e a cantidade de cantigas, coplas, romances, historias etc que saben estas mulleres pois, como xa moitos saberedes, é, é in/ in-con-ta-ble, diría eu.
Vamos a ver se nos botan unhas peciñas, vale?
Autor/a da transcrición: e~xenio