E o que vou contar é moi breve pero moi bonito porque é un caso de suma intelixencia. Un pode non ter de que ghanar a vida. Dixeron aquí, ao principio, que esta era terra de moita emigración, pero alá de donde eu veño tamén. Meu avó, da casa, estivo en Cuba; miña avoa, en Buenos Aires. Non ghanaron pa facer por vida pero, en cambio, sempre tuveron cousas que contar desa experiencia e con esas cousas que eles contaban, crieime eu.
Cando un non ten cartos, o que non lle debe faltar nunca é listura e deso eu creo, que temos moitos casos e xente que demostrou que saíu adiante inda sin ter mau que botar ao bolsillo. (...) Que teño razón xa o sei, como non (o) vou saber eu. (...) Aghora todo dios ten cartos. Se eu tiro unha ducia de billetes tódalas mañás, oh! N'os quero pa nada.(...)
En Arzúa, o ano pasado, contoume a min un home, un caso que foi desta maneira. Aquí está Arzúa ((estarrica o brazo esquerdo para sinalar un punto)) i aquí que está? ((estarrica o brazo dereito e sinala o punto oposto)) (...) Madrid. Miren que cerca queda Arzúa de Madrid. É un falar pero, por aquelas xa había comunicación en tren e este precisou ir a Madrid e non tiña cartos pa paghar o billete e foille pedir a un amigho seu. E preguntoulle o amigho:
—Ti, que día tes que ir a Madrid?
—Tal día.
—Bueno. Pois dime se tes qu'ir pola mañá ou pola noite.
—Pola mañá.
—Logho non che deixo os cartos.
—E por que?
—Porque mira, ese mismo día pola mañá téñoche qu'ir eu e non quero que os do tren pensen que os pobres vides cando os ricos.
E o outro saleu pois neghriño coma a noite e foi por todo Arzúa pedindo cartos, poucos que lle foran deixando pa paghar o billete e consigueuno. E o día de marchar, comprou o billete, entrou no tren antes ca ninguién, buscou ao revisor e díxolle:
—Tíquemo aquí e tíquemo aghora e cando veña polo compartimento onde eu vaia, xa non me pida o billete, eu heille facer un xesto coma quen que pagho con el.
I o revisor ticoullo alí. E foi buscando polos compartimentos onde iba aquel que non lle quixera presta-los cartos, e cando o topou, sentouse frente por frente del. I o outro iba pensando: E como se faría este lambón cos cartos pa vir hoxe?
Cheghou o revisor:
—Billetes!
E cheghou onda este e fíxolle así: ((Acenos))
E o revisor marchou.
I o outro dixo:
—Oh, pero e non paghache-lo billete, carallo!
Dixo:
—Ah, pagháchelo ti porque quixeches!
Dixo:
—Pero como, como/ Pero o billete hai que o paghar!
Dixo:
—Ai, pois eu paghei cun xesto, ou non me viches?
—I eso vale?
—Si home, non vai valer! Eu de ti non volvía comprar outro billete.
((risas do público))
E cando o outro volveu de Madrid, efectivamente, xa non comprou billete. E cheghou o revisor polo compartimento: Billetes! E chegha onda ese ((acenos))
—Pedinlle o billete.
((acenos))
E non lle meteron unha multaza e baixárono en Medina del Campo; tuvo que perder o día inteiro, paghar o billete completo e volver pola noite pa Arzúa. Cando cheghou foi á casa deste, a pouco máis, dálle unha tunda xa alí na porta.
—Ti que me dixeches? Como me enganaches!
Dixo:
—Eu non te enganei. Como que te enganei?
Dixo:
—Si. Porque mira, mandáchesme vir no tren sin pagha-lo billete decindo que cun xesto se paghaba. I eu, paghei co xesto e non me baixan en Medina del Campo despois de paghar unha multaza, e non tuven que ghasta-los cartos que me quedaban noutro billete completo e perder todo o día e vir á noite!
Dixo:
—Pero vamos a ver, home. Pero logho ti, como lle fixeches?
—Como ti me mandaches!
—Pero como?
—Pois así ((Fai o xesto)
E dixo:
—Bueno, carallo! Non se vos pode deixar andar sos. Que ricos sodes pero non sabedes andar polo mundo! ((Fai o xesto cara a dereita) Así é pa ida, home! ((Fai o xesto ao contrario)) I así é pa volta, joder!
Autor/a da transcrición: e~xenio