E quería contar, como aquí tamén se nombrou A Coruña, varias veces, quería recordar o que significaba antes vivir nun sitio e non salir, ao millor, hasta que te chamaban pa face-lo servicio militar ou, no seu defecto, cando marchabas pa emigrar.
Esto contoumo a señora Aurita de Xara quen eu lle fun preguntar un detalle da miña tastaravoa e contoumo en dez segundos e botou tres horas máis contándome cousas. E contándomas como quen bota pingas ou coma quen bota pedriñas nun caldeiro d'augha face/ que cando caen fan así círculos, pois ela empezoume contando de tódalas casas do lughar de Feás, e despois de tódalas casas de Lalín e despois abarcou toda a provincia de Pontevedra e déronnos as nove da noite e tuvemos que plantar para ir cenar, se non inda me contaba demais. E díxome que alí, naquel lughar, houbera un mozo que salira por primeira vez da casa con dezasete anos por unha carta que lle cheghou desde A Coruña, desde a Capitanía General, pa se ter que presentar alí pa arreghlar tódolos papeis para ir ao servizo. Ao servizo militar. E el, que nunca de Feás salira, preghuntáballe aos veciños como era A Coruña. E decíanlle todos:
—Ai, A Coruña! ((Acenos))
E el estuvo tres días estreñido polo medo do viaxe, pero eso pásalle a calquera, hoxe tes que ir a un viaxe e...e ao cabo de tres días colleu o coche de línea e cheghou á Coruña e seica andaba pola Coruña na punta dos dedos dos pés porque n'a quería ensuciar. Pero claro, ao estreñimento chámanlle estreñimento ocasional, quérese decir que é imposible que sea permanente, ou morre un ou é ocasional. E naquel momento, deixoulle de ser ocasional. Pero el non quería mancha-la Coruña e topou unhos papeles de periódico e botounos ao chau e caghou neles e envolveuno, pa n'a deixar alí meteuna debaixo dun brazo, colleu por unha rúa estreita e foi dar a unha praza pequena onde facían, naquelas, a compra-venta de manteigha. I a manteigha levábase solidificada envolta nunha verza i a verza nunhos papeis de periódico. I había máis demanda de manteigha que oferta. E tan pronto o viron entrar, xa lle dixo un home:
—Tráeaa aquí, cómprolla eu. ((Risas)) Póñaa aí que a temos que pesar. Non lla quero que non ten o quilo!
E volveu pa Feás e decíalle aos veciños:
—Oídes, alá na Coruña cómpranvo-la merda —dixo—, pero mirade caghar da quilo, se non, non vola queren!
I eso foi verdá.
Autor/a da transcrición: e~xenio