Antonio Reigosa: Que había na feira de hai, eso, cincuenta ou sesenta anos que non hai/ que había entón que hoxe xa non se, xa non se ve na feira?
Dorinda Barros Rivas: Antes había vacas, cabalos, ghando, porcos, de todo. Tendeiras, carne, pescado, carapuchos, corozas, ghaliñas.
A. R.: E tamén había pulpo.
D. B. R.: (Home si)
A. R.: Sabedes que o pulpo d'aquí sabe mellor porque lle botan auga bendita? Ou non é así?
D. B. R.: É, é aghua da braña.
A. R.: Auga bendita? Si.
D. B. R.: Aghua da braña que seica daba moi bo sabore.
Público: Da Coruña viñeron centos come-lo pulpo aquí á feira de Doade.
D. B. R.: Si, si, si.
A. R.: Os da Coruña pasan moita fame.
D. B. R.: Tiña moita sona a augha de Doade, o pulpo era o mismo/
A. R.: Pero vamos a ver/
D. B. R.: O pulpo xa viña doutro lado.
A. R.: Dime que a auga do Farauto. Non sei que lle pasa a esa auga.
D. B. R.: Moi boa, medicinal.
A. R.: Donde está?
D. B. R.: Aí embaixo.
A. R.: Xa sabedes, se tedes sede por aí abaixo, aí está a fonte.
D. B. R.: Aghora secou que é o pior.
A. R.: Eu creo/ Bueno, evidentemente non temos tempo a falar de como eran as feiras, aqueles cegos coas súas coplas, coas súas historias/
D. B. R.: A xente estaba/ A esta xente, mire como estaba todo este campo/
A. R.: Eu lin/
D. B. R.: (Esta) xente aí, así estaba todo cheo.
A. R.: Eu lin nun sitio que aquí se facían as pandeiradas, aquí tamén no/ diante a capela esta que hai aquí/
D. B. R.: Tamén.
A. R.: Que,e,e,e desapareceron xa hai máis de cincuenta anos polo, polo visto/
D. B. R.: (E aínda alghunhas veces!)
A. R.: E,e,e,e hai por aí e,e,e/ Eu non sei que é eso. Podes traelo Poldo?
Público: Unha coroza, unha coroza.
Poldo Cañizo Durán: Dorinda pode falar dela.
A. R.: Pero as/
D. B. R.: Viña cos cabalos carghados de corozos pr'as feiras. Si señor. Xa viñan o día oito. (...) Si, si.
A. R.: A ver.
D. B. R.: I aghora facía falta o carapucho de por riba...i as polainas.
A. R.: Vamos a ver, vamos a ver, ¿esto que é? É un/ Pero mire, eu pregunto porque non sei, eh! Non me/
D. B. R.: Cantas vías ten? Unha, dúas, tres, catro, cinco, seis. Sete vías.
(...)
A. R.: É unha coroza.
D. B. R.: É unha coroza.
A. R.: Que, donde se facían, quen as traía á feira?
D. B. R.: As de Revillón. As de Revillón.
A. R.: Facíanas alí.
D. B. R.: Facían.
A. R.: Traíanas alí pa vendelas a todos.
D. B. R.: Se viñan o día oito, cos cab/ a que tiña cabalo, cabalo.
(Aplausos do público)
A. R.: Esto que é, palla?
D. B. R.: (Xungo).
A. R.: Ah,h,h!
D. B. R.: É xungo.
A. R.: É que a min, parecíame palla.
D. B. R.: (...) O carapucho de por riba, i as polainas. Despois era o equipo completo.
A. R.: Faltan as polainas i a/
D. B. R.: I o carrapuchete de por riba que tapaba a cabeza e ala! xa [es]taba.
A. R.: E, cando se deixaron?
D. B. R.: Abrochaba e todo.
A. R.: Cando se deixaron de, de usar?
D. B. R.: Ai, xa hai!
A. R.: Xa hai moito.
D. B. R.: Xa hai moito, claro. [Des]pois viñeron/
A. R.: E,e,e/
D. B. R.: Viñeron os paraghuas e adiós/ adiós corozas. Pero xa/ traían cabalos carghados. Bueno, bueno! Ya lo creo que sí.
A. R.: E vendíanse a montón.
D. B. R.: Vendíanse, a montón e carapuchos. Esa é a coroza, pero viña o carapucho solo que cubría o corpo enteiro. Tamén.
A. R.: E nunca/
D. B. R.: Á parte.
A. R.: Nunca pasaban a auga?
D. B. R.: Pasaban, pasaban. E a auga tamén a pasaban que podrecían. ((Risas)) A augha pasábana pero, ao acabar unha, outra. Si.
A. R.: E esta, quen a fixo? Sabe?
P. C. D.: Temos que dicir que esta fíxoa unha veciña que xa non está con nós. Morreu hai vinte anos, máis ou menos, de aquí de Doade. Chamábase Herminda a Carreira.
(...)
P.: Cantos?
Público: Hai oito anos que morreu.
P. C. D.: Hai oito? Falei mal. (...) D'acordo. E teño que decir/ Tamén é moi cómoda. Se alguén quere probala, deixámoslla.
A. R.: Bueno, pois, eh,h,h. Eu confeso que é a primeira vez que vexo unha coroza tan de cerca. Vina na televisión, vina en fotos pero tocala! Non sei se a poña. Posma? A ver, se hai alguén da familia que me faga unha foto. Pois son cómodas, eh!
P. C. D.: Está ben.
Público: Dá unha voltiña (...)
P. C. D.: Con esto queriamos decir que é un festa, hoxe, en que se fala da palabra/
D. B. R.: Ás festas levábase. Levábase ás festas.
A. R.: Ás festas, cando?
D. B. R.: De noite.
D. B. R.: De noite.
D. B. R.: Si.
A. R.: Vamos, que era pra/
(...)
D. B. R.: E despois disfrazábanse con ela.
P. C. D.: Pois é, é tamén un símbolo de tódolos saberes que houbo aquí e que se foron perdendo. [En]tón, actos como os de hoxe serven pa lembrar as cousas que se contan e tamén as cousas que se facían. Como as coroceiras que había aquí, como os canteiros que había aquí, como os carpinteiros e como todos os traballos da terra que, qu'inda herdamos nós deles.
Autor/a da transcrición: e~xenio