Era un que, que foi a Francia e pintoulle moi ben a cousa, moi ben, moi ben. E entonces cuando chegou á casa, díxolle a mullere:
—Home, mira, non che encargo nin sostén, nin saias, nin cousa ningunha neste mundo, na máis que un aparato deses que se chaman transistores que tocan sin luz porque nós na/ nosa casa non hai luz porque daquela/ pr'aquí inda veu no ano 49, cuando eu embarguei/ (tamén non a había)
E entonces díxolle el:
—Bueno, muller, pois ben pouca cousa me encargas. Xa che traerei un transistor na próxima vez.
Entonces foi e comprou o transistore e viña sentado no mismo asiento que un cura, ao lado, e viña conversando con o cura e dícelle el ao cura/ Recordouse que o iban re, rexist[r]ar na frontera, que iba pagar máis de direitos que lle custara o aparato en Francia. E dícille el ao, ao cura:
—Oe, Padre, voulle pedir un favore.
—Si, home. Se podo facerllo, como non!
—(Que quero confesarme)
—Confesarse?
—Que confesarme nin que puñetas! Mire, traio este [a]parato i ahora, vanme rexist[r]ar aí na frontera e vou paghar máis de impuestos do que me costou o aparato en Francia! Si usted fixera o favor de pasarmo, porque a ustedes n'os rexist[r]an.
—Pois Jesús, iso si que non llo podo facer porque nós non podemos mentire. E se me preghuntan o que levo eu téñolle que lle decir a verdá.
—Padre, por favor, porque tal...
Bueno, con, convenceu ao cura e díxolle:
—Bueno, eu vou facer tódolos medios. Ahora, se me preghuntan que levo eu dígholle a verdá.
Entonces foi...o cura ((levántase e fai acenos)) desabotonou a, a sotana, meteuno pr'abaixo e pasáballe un pouquiño abaixo da cintura, do cinto, pero coa sotana por arriba e tal.
Entonces, cuando rexist[r]aron a todos, preghúntalle o carabinero ao Padre:
—Bueno, Padre, usté non levará nada, verdá?
Dice:
—Mire, mi obligación es decir la verdá. De la cintura arriba si, no llevo un aparato, no llevo nada pero de la cintura abajo si, llevo un aparato.
—Pa su madre!
—No, no. Pa la señora d'este!
Autor/a da transcrición: e~xenio