Aurelio Ramos Ogando: Os brindes, por ejemplo, nunha voda, nunha voda, agora xa se vai perdendo ese costumbre, antigamente si se, si se brindaban, eran poesías, por ejemplo, decía:
Viva el novio y la novia
y también que viva yo,
vivan los acompañantes todos
y el cura que los casó!
Antonio Reigosa: Ala! A quedar ben con todo o mundo non había ningunha, así?
((Risas))
A. R.: Pero eu refírome/ Vamos a ver, eso era alguén que estaba invitado na voda que lle daba por decir unhos versos/
A. R. O.: Non/
A. R.: Ou/
A. R. O.: Uns botaban poesías dun lado, unhos de outro e outros de outro e era todo sempre pra os novios.
A. R.: Sempre pa os novios e sempre falando ben deles.
A. R. O.: Si, si. Sempre ben deles.
A. R.: Por se os botaban d'alí antes d'acabar de comer, supoño.
A. R. O.: Si, si.
A. R.: Non?
((Risas))
Autor/a da transcrición: e~xenio