Pois a Pepa a Loba non era tan, non era tan mala como se lle decía. Ela era de familias pobres, de familias humildes e gardaba un rabaño de ovellas que non era dela. Entonces un día, apareceulle o, o lobo, no rabaño das ovellas e,e,e e entonces ela gritando, acudeu un can, acudeulle un can que andaba perdido e entonces fixéronse moi amigos, ela e mailo can e tornaron o lobo das ovellas. Entonces, unha tía dela, chamada Dorinda, tiña moita habilidá e,e,e, colleron o burro, pedíronlle o burro ao Tío Juan, ao tío Xan, pra ir pedir con o lobo. Aí, é de onde vén a palabra de Pepa a Loba, que ela non era nada de loba. Foron pedir con o lobo, e entonces xuntaban limosna e, e por aí.
Entonces, a,a,a a Pepa a Loba chegou a morrerlle a nai e quedou soliña. Entonces había un, un, un rico no pueblo que vendi/ tiña un comercio e vendía arados e eso, e entoncese díxolle a tía Dorinda: Mira, é millor que pro/ que porfilles a Pepiña qu'inda se parece ben a ti e, se non, mira ben o retrato de túa nai a ver se non, se non pode ser túa sobriña.
E foi o outro, colleu o retrato da nai e estuvo mirando: Pois si que pode ser miña sobriña, pode ser filla do meu irmau!
O irmau del era alveite, era curandeiro. E entonces, foi el, foi el e porfillou a rapaza pero, o irmau del, tomou envexa, tomou envidia de que lle levaba o capital a rapaza, que non era pra el, porque o outro era solteiro, tamén el era, e entoncese, que fixo? (...) Matou ao irmau con un veneno. Matouno e, e entonces o, o/ matouno con un coitelo que tiñan de corta-lo pan no, na taberna i o coitelo aquel era moi conocido por todo o pueblo. E entoncese, á mañán apareceu o señor morto, a Pepiña botouse a chorar e a gritare pero, a roupa dela estaba ensangrentada. Fora o outro de noite que collera e botáralle sanghre do del. Entonces, levaron a Pepiña pr'a cárcel. El paghoulle unhos xamós alá ao, ao xuez e levaron a Pepiña pr'a cárcel, pr'a cárcel de Pontevedra.
Resúltase que,e,e,e...na cárcel había un/ Fíxose moi amiga, d'alí, dunha señora e,e,e aquela señora tiña tamén unha taberneira na Moureira, e entonces a Pepiña díxolle,e,e,e aos da cárcel que se quería confesar, que quería confesar o seu pecado. E entonces chamaron ao capellán; non foi aquí ao de Doade, foi ao d'alá de Pontevedra. E entoncese, o capellán preparouse pra confesare e ela envolveu un pau no bandil e pegoulle con el na cabeza, non con idea de o matar porque non o matou pero, o capellán quedou tonto. Nese medio tempo, ela sacou a roupa do capellán e vesteuse de cura, e saleu. Saleu, o, o carcelero abreulle a porta e entonces, a da, a que estaba con ela na cárcel, que tiña a hermana tamén alí de taberneira, xa lle dera todos as informaciós: Tu, cuando cheghes alí, poste detrás dunha coluna e pos uns dedos encima dos outros, encima da mesa e a miña irmá xa te vai conocere.
Así foi. Chegou e preguntoulle/ Ela vestida de cura, por Pontevedra abaixo, e pregúntalle alí a un señore, que iba todo borracho, pregúntalle:
—Oe, e aquí onde queda aquí o bar das Mariposas?
—Ese que está aí de frente.
E foi/ e dice el:
—Vaia, que un cura a estas horas por este, por este sitio, non che é ghrande cousa!
Na Moureira, imagínate, alá, naquel tempo!
E entonces, foi ela, entrou pra o bare, púxose detrás dunha coluna pa que no a visen moito, á sombra, e petou na mesa pa chamarlle a atención á taberneira e puxo os dedos seghún a outra lle informase.
Entonces, cheghou a outra e xa lle preghuntou:
—Que pasa?
—Veño d'onde a túa irmá, traio recuerdos i agora, quero: roupa de mullere i un cabalo i un bigote.
((risas))
E dixo/ díxolle/ No, roupa de hom/ de home e dixo ela:
—E por que roupa de/ por que non roupa de muller?
Dixo:
—Porque desta hora estarán buscando a un cura ou a unha mullere. Eu quero roupa de home i un bigote, i un cabalo.
E entonces foise camiño da Estrada.
(...) Díxolle:
—Mira, en tal sitio, está a cuadrilla. Tu petas coa mau direita no ombro izquierdo, estilo apache.
E entonces, chegou alá, a Amoedo, en Amoedo. (...) Saleulle a cuadrilla, xa lle colleron o cabalo polo ramal e dixo:
—Quero outro cabalo. Veño de parte de fulano de tal, de Pontevedra, aghora, quero outro cabalo aquí.
Entonces ela colleu o outro cabalo, que estaba descansado, e cuando entrou na, na, na terra dela e (...) Non me acorda ahora como se chama (...) Pero, entonces chegou e o can ventouna, chamábanlle Lueiro, e estaba coa tía Dorinda, na casa. O can saltou pola porta e foi pa onde a Pepiña e dixo ela:
—Mala centella, débeche vir aí Pepiña!
Pola faena do can! Efectivamente, cheghou a Pepiña á casa. Entonces foron de noite, Pepiña i o can, ela levaba a súa pistola, levaba todo, iba ben preparada e,e,e,e chegaron e colleron o,o,o camiño da casa do señor que matara ao que porfillara a ela, ao padrastro.
Entonces, levárono pra o alto do monte...e matárono. Aí foi cuando Pepa a Loba se meteu (no) cuadrilla. Ela non era nada de loba, non tiña nada de, nada desa/ Era unha muller pois, de marabilla, pero tuvo que meterse nesa porque dixo que lle prenderan o que lle mataran o amo dela, ela tamén que había de,e,e,e andar por camiños de sangre. Como así foi.
Autor/a da transcrición: e~xenio