Unha vez era, era un cura que tiña amistá cunha muller. ((Risas)) E foi, íbase confesar(...)Díxolle a muller:
—Vaite confesar.
El foise confesar e estáballe decindo o cura, dícelle, díxolle o cura:
—Quen me roubou os capós?
El rouboulle os capós do cura. E díxolle el:
—Aquí non se oe nada, aquí do lado de fóra non se oe nada.
Faláballe máis alto:
—Quen me roubou os capós?
—Aquí non se oe nada señor cura, aquí non se oe nada.
—Quen me roubou os capós?
—Pois non(...)non se oe nada. Pase usté pra fóra i eu paso aí pra dentro e, a ver se, se é verdá.
E pasou o home pra dentro e díxolle(...)o home preghuntoulle ao cura:
—Quen é o que anda coa miña muller?
E díxolle o cura:
—Ten razón que non se oe nada aquí.
Autor/a da transcrición: e~xenio