En Zobra, por exemplo, dise que a cultura galega é unha cultura oralmente moi perdida. Pero, eu alégrome moito cando vou a un sitio e vexo que inventan palabras po que non as teñen. E un día cheghei a Zobra e topeime cunha señora, a señora Lola, en paz descanse, e díxenlle:
—Onde queda a xente?
E díxome:
—Quédanche alí no rapaceiro.
Dixen:
—Onde queda o rapaceiro?
—Alí, onde o teleclú.
—Pero, que é o rapaceiro?
Díxome:
—Si, oh! O ghalpón ese de lata onde os rapaces esperan polo autobús.
E bautizárao ela! I eu sabíalle o nome de marquesina, ou un nome que lle viña de fóra, pero ela doulle o nombre.
E meu tío, en paz descanse, tamén, o ano pasado na festa(...)Ustedes saben que hai unhos tomates que viñeron aghora de hai poucos anos que son así pequeniños(...)Como lle chaman?
—Os cherry. ((Intervención do público))
—Ah! Pero eso non vale. Por que? Meu tío era un home moi fino e, el douse conta que polo tamaño aquel nombre non lle correspondía ben a aqueles tomates. E dixo:
—Ai, eu este ano tiven unha chea de cherriños!
E dixen eu: Claro, en cantos seamos capaces de bautizar as cousas, de seghilas bautizando, valemos moito. Valemos tanto como os que fan os dicionarios.
Autor/a da transcrición: e~xenio