Estaba alí debaixo, chega o demo do seu recorrido e empeza a cheirar, os demos teñen un olfato de can...Oíche, cheira a cristianiño. Díxolle a nai: pero que vai cheirar, home, que vai cheirar, o que pasa é que ves de andar no medio deles e seguro que traes olor na roupa, pero que vai cheirar. Non pois cheira eh! Se non fora que estou moi canso había de mirar por aí porque algún ten que haber. Dixo: que vai haber, home, que vai haber, déitate aquí a descansar un pouquiño no meu colo, díxolle a nai, e xa verás como despois cando despertes estás moito máis a gusto e tal. E vai o demo e deita a cabeza no colo da nai. O rapaz debaixo das saias eh! Acordádevos. Entón a nai, por facerlle un favor ao rapaz, a nai do demo por facerlle un favor ao rapaz, d'alí a un pouco colleu un pelo da cabeza do demo e tirou, ai! Dixo o demo, que pasou mamá? Dixo: no, home, perdona, é que estaba pensando nesa pobre xente que tiña a mazaira que daba esas mazás tan boas, se houbera maneira de amañárllelo pa que non pasaran fame e tal, e dixo o demo todo malhumorado: si, home, si, como non vai haber maneira, que sachen alí ao redor da raíz, que hai un rato coméndolla, que maten o rato e xa volve a dar mazás, i adormeceu.
D'alí a un pouquiño a nai volve a collerlle outro pelo....tirou e dixo el: pero mamá, por favor, ai! Perdona meu fillo, é que estaba pensando nesa pobre xente que tiña esa fonte que lle daba viño, pero secoulles. Non habería maneira de amañala ho? E dixo, si, home, si, que sachen alí ao redor do cano da fonte, que hai alí unha salamántiga que a quiten d'alí e xa está, xa volve a dar auga/botar viño. E volveu a adormecer. Quedáballe un pelo, verdá? Entonces vai a mai d'alí a un pouquiño colle outro pelo e tira, pero mamá, por favor, déixame en paz, que quero descansar! Perdona, meu fillo, é que estaba pensando nesa pobre xente que tiña esa fonte de auga tan boa e secoulles, non habería maneira de amañalo ho? Dixo: si, home, si, que sachen no cano, hai alí un sapo atrancado, que o quiten e xa pasa a auga e xa está!
Moi ben, e volveu a adormecer. Deulle os tres pelos eses que lle collera da cabeza ao rapaz, ah! Pero naquel momento acordouse do velliño da lancha, acordádesvos? O velliño que rema sempre, todo seguido, porque non hai ninguén que lle colla os remos? Bueno...Entón, a mai do demo xa desta vez non anduvo con tan...pegoulle unha ostia na cara ao demo. Pero mamá, por favor, déixame durmir! Oi! É que ese velliño que está aí, home, na lancha que había maneira, habería que xubilalo porque está mui vello e tal, e entón dixo o demo: el non se xubila porque non quere, cando pase alguén, que lle meta os remos na man e xa está, el xa pode marchar.
Moi ben, o rapaz colleu os tres pelos e volveu o camiño de volta non? Montou na lancha, ao vello non lle dixo nada, non lle colleu nada eh!, pasou saíu pa fóra e logo cando chegou a este sitio que vos dixen eu que lles secara a mazaira preguntoulles: canto me dades se a mazaira volve a dar mazás? E dixéronlle: ai! O que queiras! Dixo: pois dous burros cargados de ouro. E déronlle os dous burros cargados de ouro, e amañoulles como vos dixen, quitou d'alí o rato que roía a raíz da mazaira e xa está. Cando chegou aos que perderan a fonte de viño...Canto me dades se volve a botar viño? E dixo: Ai! O que queiras! Dixo: pois catro burros cargados de ouro, por pedir, e déronlle os catro burros cargados de ouro. Matou a salamántiga e ala, auga, non sei como lle chamades vós á salamántiga por aquí, pero bueno, máis ou menos, salamandra, bueno...e volveu a botar viño.
E cando chegou aos que lle secara a fonte de auga dixo, xa alí xa non se cortou,: quero seis burros cargados de ouro e amáñovos a fonte. E dixeron: ai! Non hai problema con tal de que bote auga! Sachou o cano, quitou o sapo, i volveu a botar auga e xa está. E cando chegou a xunto do sogro e o veu con...A ver, axudádeme, seis nun sitio, seis, seis nun sitio, non sei se me chegarán os dedos, catro noutro e dous do primeiro cantos suman? A ti non che pregunto, doce burros cargados de ouro!
E cando o rei aquel ve aquelo dice: pero donde fixeche tanta riqueza? E díxolle el, ai ho, así chulo: é moi doado, vas alí xunto do demo e pídeslle o que queiras e dácho, o que pasa é que tes que ir rápido eh! Tes que correr porque se lle estaban acabando. Mira, explicoulle por donde tiña que ir, e cando chegues a xunto o barqueiro que é mui velliño, mui velliño, cólleslle ti os remos na man pa chegar rápido ao outro lado.
Xa vos imaxinades o que pasou? E foi verdá, porque eu vino e deixeino, e vin ata aquí pa contárvolo.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro