Bueno, pois a historia é que o rapaz chegou por fin coa carta a xunto da raíña e deulla, e a raíña non entendía nada, cando a abre e dice cando chegue este mozo xunto de ti mándao casar inmediatamente coa nosa filla. Pero, como era orde do rei, organizou a voda enseguida e casáronos. Eu non sei o que duraba a cacería do rei que, d'alí a un tempo, volveu por fín e cando veu o que pasou dixo: pero muller eu non che dixen que mataras a ese rapaz? No, no, no, aquí poñia que o casara coa filla.
Ai! Pois estamos perdidos, eu non sei como hei facer pa desfacerme del, porque este rapaz...Non lle acababa de contar tampouco de que se trataba non? E dixo: xa está, tivo unha ocurrencia. Voulle mandar facer un traballo imposible e se n'o fai dígolle que o mato. I ocurréuselle que o traballo imposible podía ser ir buscar tres pelos da cabeza do demo. Ha! Tres pelos da cabeza do demo. E se non/ se non mos tras mátote. O rapaz, claro, preocupadísimo, pero non lle quedaba máis remedio que obedecer e púxose camiño do inferno, que queda lonxe eh! Non pensedes...O inferno queda lonxe.
Bueno, pois camiño do inferno, fixádevos, pasou por unha aldea que estaban mui tristes porque resulta que antes tiñan unha fonte de auga boísima e, de repente, secara. Resulta que pasou por outra aldea máis adiante que antes tiña...tamén estaban mui tristes porque antes tiñan unha fonte que botaba un viño macanudo, pero tamén secara. E non tiñan viño, e aínda pasou por outra aldea na que estaban moito máis tristes porque resulta que non daban golpe porque tiñan unha mazaira estupenda que daba unhas mazás fantásticas, non necesitaban traballar pa comer porque cada vez que querían ían á mazaira e comían. Pero a mazaira secara.
Seguiu o camiño e donde lle pareceu que podía ser a entrada do inferno, que era un burato, meteuse, e resulta que enseguidiña había un río. E nese río, na beira do río, había un barco, unha lanchiña e de remeiro había un vello, mui vello. Preguntoulle ao vello por onde se ía pa o inferno e díxolle: temos que cruzalo río e logo pregunta. E montou na lancha, e mentres facían/ cruzaban o río, preguntoulle: home, pero usté tan vello e índa está aquí traballando, e dixo: e que puñéronme os remos na man de pequeniño, e ninguén mos sacou e teño que seguir traballando ata que veña alguén e me quite os remos da man.
Bueno, pasou ao outro lado, preguntou por alí e, por fin, deu coa casa do demo. O demo non estaba naquel momento vaia, que ía dar unha volta polo mundo, non sei se sabedes que o 24 de agosto, por eso sabemos cando pasou este conto, o demo vai dar unha volta polo mundo. Pero estaba a nai do demo, que era unha velleta, non mui vella, que se conserva bastante ben, e petou á porta, saíulle a señora e dixo: pero que queres? E contoullo: Mire é que o meu sogro, que é mui malo, quérese desfacer de min e encargoume este traballo, que lle levara tres pelos da cabeza do demo. Pero tu estás tolo, como lle vamos arrancar tres pelos da cabeza ao meu fillo? DIxo, home, agora xa me preocupa menos eso porque resulta, contoulle, pasei por unha aldea que están mui tristes porque secou a fonte e gustaríame amañárllela, pasei por outra que secara a fonte do viño e tamén me gustaría que lles funcionara, e inda pasei por outro que lles secou a mazaira que lles daba de comer. Se se puidera amañar...
Dixo: pero tu, que, que, que che vou amañar? Dixo o home: Inda é peor o do velliño ese que está aí na lancha esa ho! Que tantos anos como ten e remando dun lado pa outro e tal. Neso...quen se presenta?
O demo cando vai polo mundo sssssrumm fai unha frenada en seco, para diante da porta, o rapaz non sabía onde se meter, normal!, i a que non sabedes onde se foi meter? Debaixo das saias da mai do demo.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro