Ama de casa e panadeira toda a súa longa vida, Florinda de Patricio é unha das excelentes fontes para recoller o legado copleiro dos vellos regueifeiros bergantiñáns como Cadete ou Leonarda de Tallo. Ademais, Florinda foi unha das organizadoras de vellas regueifas celebradas en Leduzo á que acudían cantadores como Blanquiño de Muiñoseco (Coristanco), Costa de Xaviña (Coristanto) ou Emilio de Cances.